Mércores 24 Abril 2024

As mellores fotos de ciencia en Galicia, en InvestigArte

Trinta imaxes que transmiten unha visión artística da ciencia e a tecnoloxía conforman a mostra itinerante que, desde este mércores, estará no claustro baixo do Colexio de Fonseca. As obras foron seleccionadas entre as 209 recibidas para participar no concurso InvestigArte, que por terceiro ano consecutivo organiza a Asociación Galega Xuvenil de Divulgación Científica ‘DivulgActiva’ en colaboración coa USC, a Fundación Barrié a través de educaBarrié, a Fundación Ramón Domínguez e a UDC. Colaboran ademais a revista Investigación y Ciencia, Ingenyus e Roche.
[wzslider info=”true” lightbox=”true”]
Entre as obras que se expoñen figuran as gañadoras do concurso, que nesta terceira edición se consolidou fortemente tanto en número de imaxes recibidas como de visitas á web. Na sección de educación o premio á mellor fotografía foi para ‘Azul asfalto’, de Beatriz González Ponte, do IES Monelos da Coruña, mentres que o mellor vídeo foi ‘La infección vírica’, de Claudia Antepazo Durán, do IES As Barxas de Moaña. O premio á mellor ilustración recaeu en Noelia Tinoco Lacomba, da Escola Rosalía de Castro de Vigo, por ‘Danza de neuronas’ e a obra máis votada na web foi ‘Cristalización Polar’ dos alumnos Christian Núñez Gómez e Victor Pérez Noya do IES da Pastoriza.

Vai pola terceira edición deste certame que impulsa DivulgActiva

Na sección de investigación, na categoría macrofotografía, fíxose co primeiro premio ‘COLor-eARTE’, do alumno da Facultade de Ciencias de Lugo  Wajih Al-Soufi, mentres que o segundo foi para ‘Gota bailarina’ de Mario Hoyos, do Instituto de Ciencia e Tecnoloxía de Polímeros (ICTP) do CSIC. O primeiro premio da categoría microfotografía correspondeulle a ‘Escaleras de Escher’ de Josue Friedrich Kernahany e colaboradores, da Universidade Autónoma de Madrid, e o segundo foi para ‘Canicas’, de María Carbajo Sánchez, da Universidad de Extremadura. Nesta sección a obra máis votada polo público no web é ‘¿Es la misma célula tumoral? Sí, o ¿tal vez no?’, de David Hevia Sánchez, da Universidade de Oviedo.
Finalmente, e grazas á colaboración da empresa no concurso, este ano instaurouse o Premio Roche, que gañou ‘Unha Galaxia nunha Célula’, de Ángel Fernández Trasancos, da Fundación Ramón Domínguez.
A exposición permanecerá aberta ata o 12 de setembro de luns a sábado de 9.00 a 21.00 horas.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un tratamento da USC para deixar de fumar logra a abstinencia do 77% de participantes

O estudo demostra que o uso de recursos tecnolóxicos, como as videochamadas e aplicacións móbiles, son efectivos para abandonar o tabaco

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844