Xoves 28 Marzo 2024

O Instituto de Altas Enerxías acada a calificación de excelencia estatal

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) foi recoñecido en abril de 2016 como Unidade de Excelencia María de Maeztu, o que lle aportará un financiamento de dous millóns de euros nos próximos catro anos e a posibilidade de ofrecer oito contratos predoutorais.  Esta acreditación é achegada pola Axencia Estatal de Investigación.

O IGFAE, dependente da USC e da Xunta, creouse no ano 1999, e céntrase na investigación destinada a mellorar a comprensión da estrutura da materia e o Universo, así como as súas aplicacións tecnolóxicas en diversos eidos, que van desde a microelectrónica ou a enerxía solar ata a física de partículas. De feito, é un dos centros de investigación que colabora co proxecto do acelerador de partículas do CERN. Está dirixido actualmente por Carlos Salgado.

Publicidade

Grazas a este recoñecemento, o IGFAE poderá aumentar os seus esforzos para a atracción e retención do talento investigador, especialmente nos perfís máis axeitados para os proxectos do European Research Council. iso defínense accións que inciden nas fases iniciais da carreira científica, onde os investigadores poden optar a Starting ou Consolidator Grants (ata a data, dous investigadores do Instituto acadaron unha Starting Grant). A formación de novos científicos, tanto na fase de doutoramento como o comezo do posdoutoramento, é outra das bases na estratexia de talento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A USC contribúe nunha nova técnica para estudar reaccións nucleares en explosións estelares

O investigador Yassid Ayyad desenvolveu parte da análise neste traballo internacional que se publica na revista ‘Physical Review Letters’

Científicos galegos afondarán na conformación do Universo nun experimento con neutrinos

O IGFAE participará no deseño dun detector que interceptará feixes destas partículas para intentar explicar a asimetría entre materia a antimateria

O Shazam das ondas gravitacionais ten acento galego

Un traballo liderado por Juan Calderón "dálle a volta á tortilla" aos complexos cálculos necesarios para obter información destes eventos

A eternidade por fin comeza un luns

Artigo gañador da VI edición do IGFAE C3, o concurso de comunicación científica do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías