Xoves 18 Abril 2024

As Illas Atlánticas, primeiro destino de turismo científico de Galicia

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, anunciou onte que o Parque Nacional das Illas Atlánticas converteuse no primeiro destino de turismo científico de Galicia. O parque recibiu o selo Observer, unha distinción que recoñece aos enclaves turísticos con especial importancia científica, e que está impulsada por unha empresa de base tecnolóxica nacida na USC. Nela tamén colaboran as universidades de Vigo e A Coruña e outras entidades de divulgación científica.

Segundo explicou Mato, as Reservas Científicas Observer son espazos naturais protexidos, de excepcionais características e valores, cuxa riqueza natural e singularidades convértenas en espazos únicos nos que xa se veñen desenvolvendo actividades científicas, non só de carácter turístico senón tamén de investigación.

Publicidade

Desde a consellería de Medio Ambiente sinalan que a Dirección Xeral de Patrimonio Natural traballa para que a finais de 2018 se poida conseguir este selo para os os seis parques naturais galegos (Dunas de Corrubedo, Baixa Limia e Serra do Xurés, Fragas do Eume, Monte Aloia, O Invernadeiro e Enciña da Lastra).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península

Unha trintena de casos de dengue en Portugal: debemos preocuparnos en Galicia?

O mosquito tigre, vector da enfermidade infecciosa, detectouse por primeira vez no territorio galego no verán de 2023

Guía para ver a eclipse solar dende Galicia

O fenómeno poderase observar a partir das 21:02 horas, sete minutos antes do ocaso na zona da Coruña