Martes 23 Abril 2024

Lorenzo, un furacán atípico que se dirixe cara a Europa

Os modelos apuntan a que pasará preto dos Azores, pero aínda é cedo para saber se os seus efectos se notarán en Galicia

Por agora é moi difícil saber se Lorenzo acabará deixando pegada en Galicia, pero moitos ollos xa están mirando cara ao Atlántico central para ver como se vai desenvolver este fenómeno, convertido en furacán. O que parece máis claro é que se trata dun furacán atípico, que ao contrario da gran maioría destes casos, vai moverse cara ao leste e, en vez de impactar coa costa americana, chegará ás proximidades do litoral europeo. Onde si teñen razóns para estar preocupados é no arquipélago dos Azores, xa que a traxectoria de Lorenzo na próxima semana apunta cara a estas illas.

Agora mesmo, tal e como expón o Centro Nacional de Furacáns (NHC) dos Estados Unidos, Lorenzo é xa un “major“, é dicir, acadou a categoría 3 na escala Saffir-Simpson de velocidade de vento, que vai do 1 ao 5. Isto tradúcese en refachos que poden chegar aos 208 quilómetros por hora. Afortunadamente, atópase no medio do Atlántico, sen afectar a terra firme.

Publicidade

Pero as predicións son perigosas, canto menos nos Azores. o NHC expón que, a partir do domingo, Lorenzo comezará a moverse cara ao noreste, nunha liña coincidente co arquipélago portugués, e posteriormente achegarase ao oeste de Irlanda. Con todo, a maioría dos modelos expoñen que, ademais de ir perdendo forza e converterse posiblemente nunha borrasca extratropical, a parte máis potente de Lorenzo non tocará terra. E por agora, con todo, haberá que agardar para saber en que medida afectará a Galicia.

Deste xeito, e polas mesmas datas, repítese de novo un panorama xa vivido en 2017 e 2018. Hai dous anos foi Ofelia, tristemente recordado pola súa coincidencia coa gran vaga de incendios do 15 de outubro de 2017, xusto o momento no que os refachos de máis de 100 km/h, unidos ás altas temperaturas e á seca, ademais da actividade incendiaria, calcinaron centos de miles de hectáreas en Galicia e Portugal.

E o ano pasado foi a quenda de Leslie, que afectou en maior medida a Portugal, pero tamén deixou pegada, convertido en tormenta extratropical, ao longo de España.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto europeo busca reducir a captura accidental de especies protexidas no Atlántico

Investigadoras do IEO liderarán un dos casos de estudo dirixido a mitigar a captura de quenllas e tiburóns nas pesqueiras de atún

Que é o colapso das correntes atlánticas e como afectará a Galicia

Unha investigación publicada en 'Science Advances' anticipa o freo da ciruclación oceánica e advirte das súas consecuencias climáticas

O déficit de transporte de humidade do Atlántico triplica a posibilidade de seca en Galicia

A investigación realizada na Universidade de Vigo foi publicada na revista ‘Nature Water’

As correntes afastan os ‘pellets’ da costa galega cara ao interior do Atlántico

Un grupo de investigación canario que modeliza a vertedura prevé unha forte diminución de granulados no litoral