Venres 29 Marzo 2024

Os hospitais galegos deron 102 altas por coronavirus entre o mércores e o xoves

Os casos activos son 4.635 e rexistráronse 149 mortes nos hospitais, ás que hai que sumar os 27 falecementos en residencias de maiores

(en actualización – 18 horas) – Galicia conta, segundo os datos ao mediodía deste venres  pola Consellería de Sanidade, con máis de 4.600 casos activos de persoas afectadas polo coronavirus SARS-CoV-2, é dicir, as que están con positivo confirmado por proba diagnóstica e en seguimento das autoridades sanitarias. Desde o comezo da crise, tal e como informou o Ministerio de Sanidad na mañá do 3 de abril, son 5.219 as persoas que deron positivo nas probas diagnósticas, cifra á que hai que descontar os falecementos e as altas. A boa nova da información achegada este venres pola Dirección Xeral de Saúde Pública é que o maior incremento en porcentaxe dentro dos números do coronavirus en Galicia é o das altas concedidas. 102 persoas recibiron a alta hospitalaria nas últimas horas (un 30,63%% máis), e a cifra total (435) incrementouse notablemente desde o martes.

Con todo, producíronse 19 novas mortes de persoas afectadas pola Covid-19 en Galicia, o que eleva o total a 149. A estas mortes hai que sumar, segundo explica Europa Press citando a Consellería de Política Social, doutras 27 mortes en residencias de maiores, o que eleva as cifras a 176. Segundo o Goberno español, houbo 377 casos novos en Galicia entre a noite do mércores e o xoves (cando se pecharon os datos difundidos o venres), e tal e constatan diversas fontes, son preto de 140 os concellos galegos afectados por algún caso de coronavirus. Arredor do 15% dos casos documentados rexístranse en residencias de maiores e persoas con discapacidade.

Publicidade

En atención ás cifras que achega a Xunta, por cada unha das sete áreas sanitarias nas que se reparte o territorio galego, actualmente estase seguindo a 990 persoas na área da Coruña-Cee, 533 na de Lugo-A Mariña-Monforte, 694 na de Ourense-Verín-O Barco, 425 na de Pontevedra-Salnés, 1.049 na área de Vigo, 675 na de Santiago-Barbanza, e 269  na de Ferrol.

Respecto aos datos do xoves, Santiago (84 casos máis) representa o maior aumento de positivos, cifra que se obtén de restar os novos casos confirmados ás altas e defuncións (información que non achega o Sergas nas actualizacións diarias). Ourense (34 casos máis)  experimenta tamén o maior aumento en porcentaxe respecto ao xoves. O menor tempo de duplicación de casos (un dos indicadores para observar a tendencia da epidemia) ten lugar na área sanitaria de Lugo e en Ferrol (cunha duplicación de pouco máis de cinco días).

Así foi a evolución de casos activos por áreas sanitarias na últimas semana.

En canto aos concellos, é posible, por tanto, que existan persoas afectadas en máis municipios, aínda que non trascenderan por diversos motivos, xa que boa parte dos pacientes da Covid-19 (máis dun 77% dos casos documentados) están sendo atendidos nos seus domicilios. Algúns concellos recoñecen a presenza de casos e fanos públicos para informar á veciñanza, pero outros optan por remitirse aos datos que ofrece a Xunta ante a falta de confirmacións oficiais.

A incidencia en cada municipio é moi cambiante, toda vez que existen focos meirandes nalgunhas residencias de maiores e persoas con discapacidade, persoal sanitario, ou relacionados con viaxes do Imserso realizados nas datas previas ao confinamento ao Mediterráneo, así como casos importados desde zonas máis afectadas ata o de agora pola doenza. Este é o mapa no mediodía do venres 3 de abril:

(Preme sobre cada un dos concellos para ver máis detalles).

Máis altas, máis xente na casa

Do total de pacientes que cos datos consolidados o xoves ás 21 horas estaban sendo atendidos polo novo coronavirus, 176 deles permanecen en UCI (un 3,8%), 870 están en unidades de hospitalización (16,67%) e 3.589 no domicilio (77,43%).

As cifras e porcentaxes de altas e persoas atendidas no domicilio (con síntomas máis leves en boa parte dos casos) son dúas das boas noticias que se poden tirar da situación en Galicia, alén das tristes novas de falecementos e  o alto número de persoas ingresadas en hospital e UCI, que posiblemente aumentará nos vindeiros días. Así, segundo se pode ver baixo estas liñas, 3 de cada 4 positivos confirmados están sendo atendidos na casa (área amarela) e comeza a aumentar nos últimos días a anchura da liña verde (o das altas).

Sanidade informou, como vén facendo desde hai case dúas semanas do número de probas PCR realizadas, que é de 23.324 desde o comezo da crise (1.964 máis có día anterior). Este gráfico representa a relación entre os casos novos confirmados cada día por Sanidad e as probas novas respecto aos datos do día anterior.

Esta é asituación en España segundo os últimos datos de Sanidad. Dos 117.710 afectados, xa se curaron 30.513:

932 mortos máis por coronavirus en 24 horas en España

En Portugal:

E no resto do mundo, onde os Estados Unidos superou xa os 240.000 casos acumulados e Italia e España, os 110.000.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

A gran eclipse solar de abril: cando e onde vela en Galicia?

Este fenómeno astronómico será visible de maneira parcial no oeste da comunidade, especialmente na franxa atlántica da Coruña e Pontevedra

O mapa dos ‘químicos eternos’ en Galicia: ata 70 zonas sospeitosas de grave contaminación

Unha investigación europea sinala a presenza no continente destas substancias nocivas para o medioambiente e a saúde

Identificado un novo campamento romano na fronteira entre Galicia e Portugal

Un equipo de arqueólogos detecta un posible recinto fortificado de tres hectáreas de extensión datado entre os séculos I a.C. e I d.C.