Venres 29 Marzo 2024

A USC inviste como “honoris causa” a Ben Feringa e Nicholas Peppas

O Nobel de Química 2016 recibirá o recoñecemento xunto ao bioenxeñeiro estadounidense nun acto que terá lugar o vindeiro mércores

A vindeira semana visitará Galicia, como convidado do programa Conciencia, o químico neerlandés Bernard L. Feringa, Premio Nobel de Química en 2016 polo deseño e síntese de máquinas moleculares. Entre os diversos actos da súa visita, a Universidade de Santiago de Compostela celebrará o seu investimento como doutor “honoris causa” xunto a Nicholas A. Peppas, químico e bioenxeñeiro da universidade de Texas en Austin, cunha longa e contrastada traxectoria no eido dos nanofármacos.

O programa da visita de Feringa comezará o martes 7 cunha rolda de prensa ás 11.00 horas no Salón Reitoral de San Xerome. A xornada proseguirá pola tarde cun encontro con estudantes de bacharelato de distintos institutos de Galicia. O acto, A arte de construír en pequeno: charlando cun Premio Nobel’, terá lugar ás 16.30 horas no CiQUS, un centro co que o laureado químico mantén unha estreita relación desde hai anos; non en balde, mesmo antes de ser recoñecido pola Academia Sueca ata tres investigadores principais realizaron estancias posdoutorais no seu laboratorio.

Publicidade

Os actos centrais da visita terán lugar o mércores 8. Nunha cerimonia matinal apadriñada polo profesor da USC e director científico do CiQUS, José Luis Mascareñas, será investido doutor “honoris causa xunto co profesor Nicholas A. Peppas. Xa pola tarde, ás 19:00 horas no Auditorio ABANCA (Preguntoiro, 23),  impartirá a conferencia aberta ao público ‘The joy of discovery’ (‘O gozo do descubriumento’) enmarcada no Programa Conciencia que dirixe o profesor Jorge Mira e na que actuará como padriño un dos seus antigos colaboradores, o profesor da USC e investigador principal do CiQUS Diego Peña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Isto é o que non se conta dos achados científicos do ano

Un ano máis, a ciencia deu grandes pasos pero non fixo milagres. E isto non todo o mundo o conta así de claro

O pai da batería de ión-litio: “Galicia ten un enorme potencial eólico, o reto é almacenalo”

O nobel de Química de 2019 lamenta en Santiago como o seu descubremento cambiou os nosos costumes: “O bo e o malo son indisolubles, tamén na ciencia”

A elección dunha muller para o Nobel de Química altera a tendencia a premiar investigacións masculinas

O 50% das científicas galardoadas dende 1901 recibiron o recoñecemento nos últimos 20 anos

María José Alonso, nomeada ‘honoris causa’ pola Universidade de Nottingham

A catedrática da USC e investigadora do CiMUS quixo compartir esta distinción “con todo o equipo que me acompañou ao longo da miña carreira"