Xoves 28 Marzo 2024

Homes baixos e mulleres con sobrepeso teñen peores oportunidades

Un equipo de investigadores do Reino Unido ten atopado unha forte corrrelación que confirma estereotipos: posuír unha estatura máis baixa en homes ou un índice de masa corporal alto en mulleres supón menores probabilidades de éxito na vida, entre elas, menores ingresos. Para chegar a estas conclusións, analizaron os datos xenéticos e socioeconómicos de 120.000 persoas.

A relación entre o peso e a altura dunha persoa coa súa situación socioeconómica non é un tema novo para a ciencia. Hai tempo que os epidemiólogos estudan de que modo os factores socioeconómicos, como os ingresos, o código postal, o nivel de educación e o tipo de traballo, inflúen nas medidas corporais ligadas coa saúde.

Publicidade

Así, as persoas de familias máis pobres teñen menos probabilidades de ser tan altas como as que proceden dunha contorna favorecida, e máis propensión ao sobrepeso. Estas desigualdades explícanse en parte, por limitacións na educación para a saúde e na nutrición durante a infancia e a adolescencia.

Agora, científicos da Universidade de Exeter (Reino Unido) utilizaron a xenética para expor que a relación entre medidas corporais e posición socioeconómica é bidireccional. Segundo os seus resultados estatísticos, unha altura menor nos homes e un índice de masa corporal máis elevado (IMC) nas mulleres son condicións estreitamente ligadas a unhas posibilidades reducidas de lograr bos ingresos e posición socioeconómica.

O estudo foi publicado por The British Medical Journal

“A maioría da xente asume que unha menor altura e un índice de masa corporal elevado son consecuencias dunha nutrición pobre e menores oportunidades na vida”, explica Tim Frayling, profesor de Exeter e supervisor do traballo. “Agora demostramos que hai un efecto na outra dirección: que ser baixo e con sobrepeso poden supoñer menores ingresos e peor calidade de vida”.

A investigación, publicada en The British Medical Journal, expón os datos de 120.000 persoas do biobanco de Reino Unido (con idades comprendidas entre 40 e 70 anos) dos que se dispoñía de información xenética. O equipo estudou 400 variantes xenéticas asociadas coa altura, e 70 co índice de masa corporal.

Utilizando estas variantes xenéticas, xunto coa altura real e o peso, os investigadores preguntáronse se ter unha menor estatura ou un índice de masa corporal máis alto tería algunha relación coas posibilidades de éxito socioeconómico, segundo a información que os participantes proporcionaron sobre as súas vidas.

As súas conclusións son precisas. De media, para os homes, unha altura 7,5 centímetros menor “que non se deba a máis causas que as xenéticas” corresponde cun ingreso de 1.500 libras menos ao ano que o seu homólogo máis alto. Do mesmo xeito, se unha muller pesa 6,3 quilos máis (sen outra razón que o seu ADN), estímase que ingresa 1.500 libras menos por ano que unha muller da mesma altura pero máis delgada.

“A análise xenética que utilizamos é o mellor método posible para poñer a proba este vínculo, posto que alterar aleatoriamente a altura e o peso das persoas para un estudo é evidentemente imposible”, engade Jessica Tyrrell, autora principal do traballo.

A pesar diso, os autores acláranse que estes resultados non se aplican en todos os casos. “Hai moitos homes baixiños e mulleres con sobrepeso que son moi exitosos, pero a ciencia debe preguntarse por que estamos a ver este patrón, e buscar respostas”, subliña Frayling.

O experto cuéstionase se isto ten que ver con factores como baixa autoestima ou depresión, ou se relaciona coa discriminación. “Nun mundo no que estamos obsesionados coa imaxe corporal, a opinión dos empregadore é nesgada”. Iso sería prexudicial tanto para os individuos afectados, como para a sociedade ao completo”, conclúe.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Primeiro caso de gripe porcina en humanos en Reino Unido: isto é o que sabemos

A infección pertence a unha subvariante distinta que os casos detectados anteriormente, pero os expertos agardan que non presente grandes diferenzas

Achada unha variante xenética que predispón á delgadeza e portan o 60% dos europeos

Investigadores españois descobren que as persoas cunha versión dun determinado xene tenden a acumular menos graxa

Estas son as fotos do ceo máis sorprendentes do ano

O concurso anual do Observatorio Real de Greenwich outorgará dous premios especiais e outro ao mellor astrofotógrafo o día 15 de setembro

Que sabemos sobre o novo brote de varíola dos monos?

O Ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas lanzan unha alerta sanitaria despois de detectar oito casos sospeitosos en Madrid