Venres 29 Marzo 2024

Halo dende Atacama

Créditos da imaxe e copyright: Yuri Beletsky (Carnegie Las Campanas Observatory, TWAN)
Créditos da imaxe e copyright: Yuri Beletsky (Carnegie Las Campanas Observatory, TWAN)

Explicación: Influídos polo potente El Niño, do Pacífico, os ceos anubrados fixéronse máis presentes esta estación no elevado deserto Atacama de Chile, ao respecto da súa reputación como paraíso dos astrónomos. As cúpulas dos telescopios xemelgos Magallaes de 6,5 metros do Observatorio Carnegie Las Campanas, situados nun dos lugares máis escuros e secos do planeta Terra, estaban pechados o 13 de maio. Aínda así, o primeiro cuarto de Lúa e estrelas brillantes alumaban esta panorámica paisaxe celeste nocturna, co disco lunar arrodeado por un halo fermoso e brillante. O radio angular do halo é de 22 graos. O ángulo, que non ten que ver nin coa fase nin o brillo da Lúa, está establecido pola xeometría hexagonal dos cristais de xeo atmosféricos que reflicten e refractan o luar. Nesa noite, a estrela brillante xusto no interior do radio do halo era, en realidade, o planeta Xúpiter. Flanqueando o halo no extremo esquerdo está Sirio, a estrela máis brillante, con Arturo á dereita.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Lúa non ten ceo

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de “E se estivésemos equivocados? E se a Terra...

Un equipo de Vigo busca solucións para colonizar a Lúa

Xunto con investigadores de Oviedo, realizaron ensaios nas covas volcánicas de Lanzarote pola sús analoxía coas cavidades lunares

Superlúa azul: cando ver o fenómeno que non se repetirá ata 2037

O 31 de agosto poderase observar a segunda lúa chea do mes que, ademais, será lixeiramente máis grande e brillante do habitual

Chega a lúa do Cervo: así poderás ver a primeira superlúa do ano

Os días 1 e 30 de agosto e o 29 de setembro repetirase o fenómeno, e o satélite percibirase aínda máis grande e brillante que en xullo