Xoves 18 Abril 2024

Google amosa os cambios na mobilidade en Galicia debido á epidemia

Galicia é a comunidade onde máis aumentou a actividade nos lugares de residencia e onde máis xente segue acudindo ao traballo, segundo estes datos

Na era da análise de grandes cantidades de datos, e todo o que eles poden dicir de nós, unha crise das dimensións que estamos a vivir pode cuantificarse tamén a través dos dispositivos móbiles que levamos connosco. Así o están a facer gobernos, como o español que xa ten en marcha un estudo a gran escala para analizar a mobilidade dos cidadáns a través dos seus teléfonos. E un dos xigantes deste sector, Google, tamén está tomando boa nota de como nos estamos a comportar estes días.

A pasada semana, a compañía publicou un informe de mobilidade en máis de 130 países no que se analizaban os cambios que está experimentando a vida cotiá da poboación. Segundo un post publicado no blog de Google, a difusión destes datos xorde da posibilidade de axudar ás autoridades sanitarias a tomar as decisións críticas fronte ao avance do virus.  Esta información, dise no post, está anonimizada para garantir a privacidade de cada usuario. As cifras representan os cambios de como se move a xente e como fica en determinados lugares durante a epidemia en relación ás cifras “normais“, usando como referencia o período do 3 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2020.

Publicidade

En España, os datos expóñense en cada unha das comunidades e cidades autónomas. Cada unha das rexións ten información en seis indicadores de mobilidade: comercio e ocio, transporte público, lugar de traballo, parques públicos, alimentación e farmacia e fogar. No caso de Galicia, destaca o aumento de localizacións no propio fogar (un 24% máis) o maior das comunidades autónomas xunto a Murcia. Pola contra, os galegos e galegas son os que menos redución expoñen no tocante ao posto de traballo (-59%).Cambios na mobilidade en Galicia, segundo os datos de Google.

Cambios na mobilidade en Galicia, segundo os datos de Google.Con todo, o propio informe non recomenda comparar os datos entre distintas rexións con diferentes características (por exemplo, áreas rurais fronte a urbanas).


Podes consultar os informes dos países dispoñibles nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península

Unha trintena de casos de dengue en Portugal: debemos preocuparnos en Galicia?

O mosquito tigre, vector da enfermidade infecciosa, detectouse por primeira vez no territorio galego no verán de 2023

Guía para ver a eclipse solar dende Galicia

O fenómeno poderase observar a partir das 21:02 horas, sete minutos antes do ocaso na zona da Coruña