Xoves 25 Abril 2024

Zona Franca trae unha nova edición do Galileo Masters a Galicia

No ano 2004 deu comezo o certame European Satellite Navigation Competition(ESNC), máis coñecido por Galileo Masters, un concurso que busca as mellores ideas para o desenvolvemento de aplicacións de navegación por satélite. Está organizado pola Axencia Espacial Europea (ESA), o Centro Aeroespacial Alemán e o Ministerio alemán de Transporte e Infraestructuras Dixitais.

Promóvese en diferentes rexións europeas en colaboración con socios locais e, dende o 2015, tamén en Galicia coa participación da Universidade de Vigo e a Zona Franca. A edición deste ano xa ten aberto o prazo de presentación de candidaturas e que finalizará o 30 de xuño. A xuntanza internacional de avaliación terá lugar en setembro e a cerimonia de entrega de galardóns no mes de outubro.

Publicidade

O certame impulsado pola ESA reparte un millón de euros en premios

O gañador rexional galego obterá un ano de incubación nun dos parques empresariais do Consorcio da Zona Franca de Vigo, incluíndo a asistencia no desenvolvemento do produto, acceso a expertos, servizos administrativos e xerais, coaching de negocios, consultoría, avaliación e formación, estudos de mercado e orientación económica. Ademáis deste premio, os participantes poden optar a seis galardóns internacionais e repartiranse máis de 1 millón de euros en premios. O gañador terá a oportunidade de viaxar de balde á cerimonia internacional de entrega de premios.

O obxectivo na fase galega do ESNC é buscar os mellores servizos, produtos e innovacións que utilicen a navegación por satélite na vida cotiá. Francisco Javier Díaz-Otero, docente e investigador do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo e coordinador rexional do concurso, anima a estudantes e investigadores a participar, xa que arredor deste certame existe unha rede europea de 250 socios académicos e empresariais e máis de 10.000 comunicacións enviadas a medios, empresas e axentes relacionados coa navegación vía satélite en toda Europa. “A visibilidade e promoción dos gañadores fai que o 60% das ideas rexionais gañadoras acaben incubando con éxito a súa idea e converténdose nunha pequena ou mediana empresa de éxito”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Investigadores de Vigo proban con éxito un deseño de antena para un vehículo lunar

O dispositivo facilitará o sistema de comunicación durante as incursións das covas atopadas no satélite

Daniel Rey, director do CIM: “Queremos atraer as mellores científicas e científicos do mundo”

O centro vigués sitúase entre os mellores centros de investigación oceanográfica internacional

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

O festival CinVigo volve esta fin de semana á Porta do Sol con ciencia e diversión

A programación do CINBIO inclúe unha feira científica, obradoiros infantís, unha xincana, maxia e espectáculos