Venres 29 Marzo 2024

O foguete chinés estrélase no Pacífico sur

A súa órbita errática complicaba o cálculo exacto da hora e do lugar no que caería, malia que as previsións incluían o sur de Galicia

O Exército dos Estados Unidos anuncia que o foguete chinés acaba de estrelarse no Pacífico sur. A súa errática traxectoria, que incluía Galicia como posible destino, obrigou a pechar temporalmente o tráfico aéreo en España nos aeroportos de Barcelona, Tarragona, Navarra, Eivissa e Reus, que nestes momentos xa está restablecido. O risco de que caíran cascallos espaciais foi o motivo que levou, por precaución, a paralizar a actividade nestes aeroportos españois. A decisión de suspender os voos foi tomada polo Departamento de Seguridade Nacional despois de que diversas axencias de seguridade aérea mundiais fixesen un seguimento da traxectoria do foguete, que ía facer unha entrada incontrolada na atmosfera á altura de España.

Durante esta mañá, as autoridades xa anunciaron que o foguete chinés Longa Marcha-5B E4 presentaba unha órbita caótica, polo que resultaba complicado calcular o momento e o lugar exacto da caída. Aínda así, advertíase que a traxectoria de entrada na atmosfera incluía España. Máis en concreto, o sur de Galicia.

Publicidade

O errático foguete formaba parte dun ambicioso programa espacial chinés, a Longa Marcha-5B E4, que puxo en órbita a última fase da súa estación espacial. O módulo do foguete pesaba 20 toneladas, aínda que a fricción contra a atmosfera adoita desintegrar boa parte destes cascallos espaciais na súa volta á Terra. Trátase da terceira vez en dous anos que as autoridades espaciais chinesas xeran este perigo global, que a NASA cualificou noutras ocasións como irresponsable.

Debido á súa inclinación (41,47 graos), o obxecto podía volver entrar dentro da banda de latitude de ±41,47 graos. A maior parte da superficie terrestre desa traxectoria está cuberta por océanos ou áreas deshabitadas, polo que a probabilidade estatística dun impacto no chan en áreas poboadas é baixa.

Segundo as útimas actualizacións precisas dos Centros de Operacións de Seguemento e Vixilancia Espacial da UE (EU SST), o obxecto CZ-5B tiña unha masa que oscila entre 17 e 23 toneladas e un tamaño duns 30 metros, o que o converte nunha das pezas de cascallos máis grandes que reingresaron no pasado próximo e, polo tanto, explican, merecía un seguimento coidadoso“. Os sensores que contribúen á SST da UE están a observar o obxecto e os centros de operacións están a realizar análises para producir a mellor estimación posible para a localización e o tempo de reingreso esperados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente