Xoves 28 Marzo 2024

Fei-Hai Yu: “Hai que loitar rápido contra as plantas invasoras ou será difícil e caro controlalas”

bandera-uk  Read in English

bandera-espana Leer en Español

O profesor Fei-Hai Yu é unha autoridade mundial en invasións biolóxicas, con numerosas publicacións en revistas de impacto e editor da prestixiosa revista Biological Invasions. Investigador na Universidade de Taizhou (China), colabora co grupo Biocost, da Universidade da Coruña. Intercambian estudos e coñecementos sobre a Alternanthera philoxeroides (invasora en China e recentemente atopada en Galicia) e de Hydrocotyle vulgaris (nativa en Galicia e introducida en China). Fei-Hai Yu visita estes días A Coruña para explorar novas colaboracións co grupo Biocost, centradas na loita contra as especies invasoras clonais, é dicir, que poden multiplicarse por reprodución non sexual (por exemplo, por esgallos). Un trazo que as fai todavía máis perigosas.

Fei-Hai Yu.
Fei-Hai Yu.

-As invasións biolóxicas son un problema global, requiren tamén unha solución global?

Publicidade

-Si, creo que necesitamos unha solución global para previr as invasións biolóxicas.

-Como a investigación científica básica pode contribuír á xestión das especies invasoras?

-Para ter éxito no control das invasións biolóxicas, necesitamos resolver algunhas cuestións básicas, incluíndo por que algunhas especies exóticas se converten en invasoras mentres outras non o fan. E por que algunhas comunidades son doadamente invadidas mentres outras non o son. Sen este coñecemento, é practicamente imposible o control eficiente das especies invasoras.

-Que papel cre que está a xogar a reprodución clonal nos procesos de invasións biolóxicas por parte de plantas exóticas?

-Moitas especies de plantas invasoras son capaces dun crecemento clonal e tamén a maioría das especies invasoras son plantas clonais. Na lista das ‘100 das Especies Invasoras Máis Perigosas do Mundo’, creada polo Grupo Especialista en Especies Invasoras (ISSG) do IUCN, 36 son especies de plantas. Desas 36 especies das peores plantas invasoras, aproximadamente dous terzos son plantas clonais . As plantas clonais teñen algúns trazos especiais asociados ao crecemento clonal, que as distinguen das plantas non clonais. Hai unha clara evidencia de que os trazos clonais axudan a estas plantas exóticas a ser invasoras de éxito.

‘Das 36 peores plantas invasoras, dous terzos son plantas clonais’

-A planta clonal Alternanthera philoxeroides é a súa especie modelo de estudo; na súa opinión, cal é o mellor método para combatela?

-O mellor camiño para evitar a súa expansión é retirar inmediatamente de xeito manual ou doutra maneira. Porque tanto as raíces como fragmentos destas especies poden rexenerarse facilmente e converterse nunha planta completa. Por iso é necesario realizar un continuo seguimento despois de que as plantas son retiradas. Unha vez que algúns novos individuos de Alternanthera philoxeroides brotan nunha área xa limpa deben ser retirados inmediatamente. Ademais, as plantas retiradas deben ser completamente destruídas por exemplo queimándoas para evitar a súa futura rexeneración. As plantas exóticas experimentan diversas etapas antes de se converter nun problema. Se non loitamos rápido contra as plantas invasoras, vai ser moi duro e tamén moi custoso controlalas.

-Que opina do control biolóxico como ferramenta para combater as invasións biolóxicas?

-Tradicionalmente, os científicos introducen novas especies en rexións e países para controlar ás especies invasoras. Na miña opinión, este tipo de control biolóxico é útil se os axentes introducidos que son usados son inofensivos para as especies nativas. Pero neceitamos avaliar coidadosamente os impactos destes axentes introducidos para facer seguro que non provocarán problemas no futuro. Unha forma alternativa de control biolóxico é seleccionar especies nativas das rexións ou países como un axente de control das especies invasoras, o cal en realidade non é fácil de lograr.

-Cales son os proxectos que desenvolven en colaboración co grupo BioCost da UDC?

-Rematamos un proxecto no que probamos como os trazos clonais contribúen á defensa dunha planta invasora clonal fronte a diferentes herbívoros. Para este proxecto, un estudante do grupo BioCost da Universidade da Coruña estivo a traballar en China aproximadamente medio ano. Debatemos se iniciar outros tres proxectos máis de investigación en plantas clonais invasoras. A nós gustaríanos actuar como unha ponte para potenciar o programa de intercambio de estudantes e investigadores entre as dúas universidades no futuro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Creada a primeira base de datos sobre o impacto das plantas invasoras en Europa

Investigadores do CSIC participan na plataforma Plantimpactseurope, que inclúe información de 104 especies de 29 países europeos

A toxoplasmose é un factor de risco para o envellecemento inflamatorio nos maiores

Un estudo da UDC demostra que as persoas cunha resposta de anticorpos máis forte á infección tiñan máis probabilidades de ser fráxiles

Velutinas, porco vietnamita, cangrexo vermello… Así chegan a Galicia as especies invasoras

María José Servia, investigadora da UDC, augura novos exemplares “co foco poco posto nos himenópteros: avespas, formigas e abellas”

A UDC coordina o primeiro sensor automático en detectar zoonoses a escala mundial

O proxecto está liderado polo grupo do investigador Alejandro Criado. Chámase FLUFET e identifica un amplo espectro de obxectivos virais