Xoves 18 Abril 2024

A Federación de Dano Cerebral premia o CITIC por favorecer a inclusión a través da innovación

A entidade resaltou o compromiso do centro da UDC á hora de aplicar a realidade virtual para que as persoas con discapacidade teñan máis autonomía

O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña (UDC) vén de recibir o premio Miguel Blanco da Federación Galega de Dano Cerebral polo seu compromiso cos dereitos e a inclusión social, así como o exercicio dunha vida plena e autónoma por parte do colectivo con dano cerebral adquirido. No acto de entrega do recoñecemento, que se celebrou na Cidade da Cultura no marco a II Xuntanza do Movemento Asociativo do Dano Cerebral, estiveron por parte do CITIC, o seu director, Manuel F. González Penedo, e os investigadores Thais Pousada García e
Manuel Lagos Rodríguez.

“É unha gran honra recibir este recoñecemento polo noso compromiso cos dereitos e a inclusión social. Este premio impúlsanos a seguir traballando no noso labor de investigación e desenvolvemento de tecnoloxías que melloren a calidade de vida das persoas con dano cerebral. O noso obxectivo é continuar xerando solucións innovadoras que lles permitan alcanzar unha maior independencia e participación activa na sociedade. Quero agradecer á Federación e a asociacións que a integran a súa colaboración e aos investigadores do CITIC a súa dedicación e compromiso para acadar unha sociedade más xusta, igualitaria e accesible”, sinalou o Manuel F. González Penedo, ao recoller o premio.

Publicidade

Neste senso, o director destacou o traballo do CITIC “no fomento da inclusión no ámbito tecnolóxico e a mellora da calidade de vida de todas as persoas, a través de múltiples iniciativas como o programa Talentos Inclusivos, un proxecto desenvolvido polo CITIC da UDC, en colaboración con ASPACE, que ten como obxectivo espertar vocacións STEM entre a mocidade e dar a coñecer a realidade da discapacidade a través de equipos colaborativos de traballo para resolver desafíos tecnolóxicos propostos por persoas con parálise cerebral”.

Espazos personalizados de realidad virtual

Así mesmo, persoas usuarias de ADACECO participan no proxecto do CITIC Espazos Personalizados de Realidade Virtual para a Neurorrehabilitación, que achega a posibilidade de traballar actividades cotiás sen ter que cambiar de localización, contribuíndo isto á rehabilitación das persoas con dano cerebral adquirido como paso previo a realizalas nas súas contornas reais.

Trátase dunha iniciativa na que a realidade virtual na que se pode interactuar con diferentes elementos de maneira semellante ao que sucedería no mundo real, tal e como recorda a investigadora Thais Pousada, que dirixe este proxecto, que se atopa en fase de desenvolvemento, cuxos escenarios foron realizados polo informático e doctorando Manuel Lagos e probados por persoas usuarias de Adaceco.

Rede de I+D+i

Por outra banda, a FEGADACE e as asociacións de dano cerebral da Coruña, ADACECO, e de Compostela, Sarela, forman parte da Rede de I+D+i de Tecnoloxías de Apoio para unha Sociedade Inclusiva, unha rede promovida tamén polo CITIC, coa finalidade de reunir a entidades representativas de persoas con discapacidade e/ou en situación de dependencia para establecer un espazo de posta en común de necesidades e posibles solucións para a autonomía persoal e a calidade de vida; un espazo de escoita para definir e desenvolver proxectos I+D+i cun enfoque centrado na persoa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Reloxos intelixentes e medicina do sono: así nos axuda a tecnoloxía a vivir mellor

Os investigadores do CITIC Diego Álvarez e Patricia Concheiro analizan no sétimo episodio de O Descodificador as aplicacións biomédicas da IA

Como poñer fin aos nesgos da IA no traballo: “Os algoritmos deben ser transparentes”

A investigadora do CITIC Verónica Bolón cualifica positivamente a declaración que asinaron España e EEUU para evitar que a dixitalización vulnere os dereitos laborais

O programa Talentos Inclusivos incrementa nun 50% os centros participantes

A iniciativa, que busca a inclusión das persoas con diversidade funcional, contará con 15 institutos de toda Galicia na súa cuarta edición

ONCE e CITIC alíanse para mellorar a vida das persoas con discapacidade visual

Investigadores da UDC e membros da organización realizaron un taller no que conectaron as necesidades coa tecnoloxía