Venres 29 Marzo 2024

O grupo Farmatox da USC publica a súa investigación molecular en Nature Chemistry

Unha investigación sobre axentes inmunosupresores e neuroprotectores simplificados a base de Gracilin A desenvolvida na Facultade de Veterinaria do campus de Lugo polo grupo Farmatox da USC, que coordinada o catedrático do Departamento de Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica Luis M. Botana, centrará a temática dun artigo que publicará a ‘Nature Chemistry’ a comezos de 2019, segundo trasladaron os responsables editoriais desta prestixiosa publicación científica.

Botana e os membros do grupo Farmatox.

A achega investigadora que ten espertado o interese de ‘Nature Chemistry’ é o resultado dunha investigación desenvolvida ao abeiro dos proxectos Pharmatlantic, un programa Interreg liderado polo grupo de investigación que dirixe Luis Botana, e Pharmasea, outro proxecto europeo liderado por Marcel Jaspars, da Universidade de Aberdeen, e que vén de concluír a comezos deste ano.

Publicidade

As pescudas sobre a actividade biolóxica das moléculas centraron boa parte do traballos desenvolvido polo Grupo Farmatox nesta liña de investigación, promovida en colaboración co equipo de Daniel Romo, profesor de Química da Universidade de Baylor (Texas) e codirector de CPIRT Synthesis e do laboratorio Drug-Lead Discovery, quen se ocupou dos estudos de síntese das moléculas. O obxectivo final destas pescudas pasa por coñecer cómo hai que modificar unha molécula para que teña actividade antialzhéimer ou inmunosupresora. Daquela, o traballo propón como simplificar a molécula para que coa máxima sinxeleza teña un tipo de actividade ou outra.

Esta liña de investigación que esperta agora o interese editorial de ‘Nature Chemistry’, propiciou xa en Estados Unidos a solicitude de patente internacional dunha familia de compostos que presentan utilidades farmacolóxicas e terapéuticas e que xa teñen espertado o intereses dalgunhas compañías multinacionais. O obxecto desta petición de patente non é outro que o de protexer o resultado da síntese de varios compostos do grupo das gracilin A, extraídas dunha familia de esponxas mariñas atopadas no Índico. Este tipo de compostos presentan propiedades antiinflamatorias e inmunomoduladoras, particularidades que poden resultar de interese para o desenvolvemento de novos fármacos.

O profesor Luis Botana sinala asemade que este novo avance científico pode resultar moi útil de cara a tratar ou previr enfermidades cardiovasculares e neurodexenerativas, como é o caso do alzhéimer. O investigador lugués salientou asemade que na actualidade se está a investigar en humanos a diana sobre a que traballan estas moléculas, un traballo que se está a desenvolver en colaboración con el grupo de Cardioloxía do Hula, que dirixe Carlos Juanatey, ao abeiro dun proxecto do Fondo de Investigación da Seguridade Social a través do seu Instituto de Saúde Carlos III.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un bólido cruza a costa de Lugo ata caer no Cantábrico

A segunda bóla de lume visible dende Galicia en apenas dúas semanas procedía da chuvia de estrelas das delta-leónidas

Novos achados revelan o carácter funerario da ‘roda’ de Adai, un xacemento único en Galicia

A descuberta dunha ola que se conserva completa e de pé sobre unha lousa suxiren que servía para actos rituais fundacional

Atopado o talón de Aquiles da rata toupa, a praga que azouta a montaña luguesa

O estudo do órgano vomeronasal deste mamífero subterráneo avala o uso de químicos para diminuír a súa poboación e frear o seu impacto na agricultura

Lugo será refuxio climático para as ‘árbores dinosauro’

O xardín botánico Arboretum participa nun proxecto internacional de conservación do coñecido 'piñeiro wollemi'