Sábado 20 Abril 2024

A evolución da tormenta Leslie condiciona Galicia na ponte do Pilar

O tempo para a ponte do Pilar está pendente dun pequeno ciclón que dende hai semanas vaga polo océano Atlántico, subindo e baixando de categoría e sen tomar un rumbo fixo. Trátase de Leslie, que actualmente é unha tormenta tropical aínda que podería transformarse en furacán dependendo das zonas que transite e do seu encontro con diversas masas de aire.

A Axencia Estatal de Meterología (Aemet) xa expresou esta fin de semana que o tempo para esta fin de semana vai depender moito de Leslie, que podería tocar Canarias e entrar na Península por Cádiz, aínda que tamén existe a posibilidade de que ascenda cara ao nordeste e chegue preto das costas de Galicia.

Publicidade

Leslie dende o satélite GOES.
Leslie dende o satélite GOES.

O Centro Nacional de Furacáns en Miami (Florida) dixo o domingo nun parte que a tormenta tropical Leslie xa non se dirixe ás Azores, como estaba previsto. Pero onte luns as condicións cambiaron e a tormenta tropical avanza cara ao Leste do Atlántico. De chegar preto de Galicia, Leslie viría acompañada de fortes ventos, choivas intensas e grandes ondadas.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía emitiu un parte recoñecendo que “existe unha elevada incerteza na predición para o domingo debido á presenza sobre o Atlántico do ciclón tropical “Leslie”, catalogado como tormenta tropical polo CNH (Centro Nacional de Furacáns de Florida, responsable da predición deste tipo de ciclóns sobre o Atlántico)”. Aínda non se sabe se o ciclón podería dirxirse “aos arredores de Canarias, fronte ás costas de Marrocos ou mesmo sobre a Península”. E recoñecen que a diversidade de escenarios fai complicada unha predición.

De calquera xeito, á marxe da ruta de Leslie, a inestabilidade atmosférica vai chegar a Galicia nas vindeiras horas. Para este mércores está previsto un novo fronte de choiva, con precipitacións intensas durante a madrugada. E o venres esperamos outra borrasca. Pero a predición a medio prazo segue pendente das evolucións do ciclón Leslie.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da Academia

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

▪️ Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204