Xoves 25 Abril 2024

A especie de crustáceo á que chegou antes o plástico que a ciencia

Científicos da Universidade de Newcastle descobren na Foxa das Marianas unha especie que non se describira, e que tiña microplásticos no seu corpo

Nun dos lugares máis inhóspitos do mundo, a Foxa das Marianas, que acada profundidades de máis de 10km entre o Xapón e as illas Filipinas, un grupo de científicos da universidade de Newcastle vén de realizar un achado que volve poñer de relevo a contaminación por microplásticos no planeta. Alí atoparon unha nova especie do xénero Eurythenes, nunca antes descrita, e que bautizaron como Eurythenes plasticus por unha circunstancia bastante peculiar: atoparon no seu interior unha fibra de plástico PET, composto moi habitual en botellas e outros envases.


Os científicos explican o achado nun artigo publicado na revista Zootaxa. Realizouse en 2014, nunha exploración feita entre 6.000 e 7.000 metros de profundidade. Entre as especies localizadas, viuse que esta tiña unha morfoloxía distinta as descritas anteriormente dentro do xénero Eurythenes. A campaña, realizada en colaboración coa entidade ecoloxista WWF, quería tamén poñer de manifesto os problemas de xestión dos residuos de plástico no sueste de Asia e a conseguinte contaminación que estas eivas causan.

Publicidade

Calcúlase, segundo expón a Universidade de Newcastle, que cada minuto se bota aos océanos do planeta unha cantidade comparable a un camión cheo de plástico.

Baixa 11.000 metros nas Marianas e atopa unha bolsa de plástico


Referencia: New species of Eurythenes from hadal depths of the Mariana Trench, Pacific Ocean (Crustacea: Amphipoda) (Publicado en Zootaxa).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Catro galegos proban o primeiro fármaco contra o fígado graxo nun ensaio clínico pioneiro

O tratamento, que acaba de ser aprobado en Estados Unidos, pode tardar dous anos en estar dispoñible en España

Catarreira, friaxe, peleira… As 12 palabras galegas para referirse ao arrefriado

O proxecto ALGa do Instituto da Lingua Galega permite coñecer as variantes léxicas deste estado patolóxico

O sector galego das TIC suma 23.000 empregos directos, 4.000 no último lustro

A facturación medra preto dun 14% e achégase aos 3.700 millóns de euros

Estamos máis preto da detección precoz do alzhéimer?

A través dos biomarcadores podémonos adiantar á aparición das enfermidades vinculadas á vellez