Martes 16 Abril 2024

As emisións de óxidos de nitróxeno derrúbanse en Italia

A Axencia Espacial Europea constata a menor contaminación do aire debido ás restricións, un feito que será patente nos vindeiros días na península ibérica

A morea de datos e informacións que estamos a procesar nos últimos días tamén chegan desde o espazo. O satélite Sentinel 5-P de Copernicus, o programa de observación da Terra liderado pola Comisión Europea en colaboración coa Axencia Espacial Europea (ESA), e que analiza a concentración de diversos gases na atmosfera, xa amosa estes días un descenso de contaminación no norte de Italia, en especial no referente ás emisións de dióxido de nitróxeno (NO2), debido ao descenso no transporte e a actividade industrial provocada pola crise do coronavirus SARS-CoV-2. É de agardar que nos vindeiros días este panorama se estenda á península ibérica, actualmente baixo a mesma corentena.

A diminución deste contaminante, un das principais substancias nocivas que expulsan os vehículos (sobre todo os diésel), apréciase sobre todo no norte da península itálica, coincidindo co bloqueo nacional decretado para impedir a propagación do coronavirus.

Publicidade

A mesma situación xa fora observada nas zonas urbanas da China nas primeiras fases da crise e, como apunta a ESA, é moi probable que teña lugar noutras cidades europeas onde se adoptaron medidas parecidas, como Madrid, aínda que na concentración e dispersión dos contaminantes inflúen moito as condicións meteorolóxicas, como a choiva e o vento.

Contaminación na China antes e despois das restricións de transporte. Fonte: Earth Observatory.
Contaminación na China antes e despois das restricións de transporte. Fonte: Earth Observatory.

Claus Zehner, responsable da misión Sentinel-5 P de Copernicus para a ESA, comenta: “A diminución das emisións de dióxido de nitróxeno sobre o val do Po, no norte de Italia, é especialmente salientable”.

“Aínda que podería haber lixeiras variacións nos datos debido á capa de nubes e o tempo cambiante –engade–, estamos seguros de que a redución nas emisións que pode observarse coincide coas medidas de contención de Italia, que provocaron unha redución do tráfico e as actividades industriais”.

Neste caso, os datos obtivéronse con Tropomi, un instrumento do satélite que cartografía unha gran cantidade de contaminantes do aire a escala mundial. Coa súa información puidéronse ver as fluctuaciones nas emisións de NO2 en Europa entre o 1 de xaneiro e o 11 de marzo de 2020. Tendo como referencia unha media de dez días realizouse unha animación para ver a súa evolución.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os ’pellets’ xa invaden zonas mariñas protexidas de Galicia

Unha simulación realizada pola organización internacional Oceana predí que os plásticos están presentes en todo o litoral da comunidade

Un equipo galego utiliza materiais que respiran CO2 para refrixerar e quentar fogares

O grupo da UDC busca substituír os actuais compoñentes de calefacción, daniños para o medioambiente, por outros máis sostibles e eficientes

Un equipo galego usará IA para detectar contaminantes nas augas termais

Investigadores da UVigo lideran o proxecto Aquapred que predicirá a posibilidade de aparición de bacterias como a lexionela e a E. coli

O petróleo e os seus residuos inducen a metamorfose en invertebrados mariños

Un estudo internacional apunta que estas substancias poden alterar o ciclo e os procesos naturais destes animais