Xoves 28 Marzo 2024

As voces da elite precaria da ciencia en Galicia: “Só pedimos sentido común”

Seis dos científicos afectados polos retrasos nas convocatorias de posdoutoramento expoñen a súa situación de incerteza e preocupación

Teñen nomes, historias, familias, compañeiros, amigos e moita preocupación nestes días. Ángela, Iván, Inés, Susana, Zulema ou Hugo están vendo en apuros o futuro que levan labrando día a día desde hai máis de dez anos. Despois de destacar entre os expedientes de cadansúa titulación, apostar pola carreira investigadora en circunstancias adversas e ampliar a súa formación no estranxeiro, a incerteza cos retrasos nas axudas de posdoutoramento da Xunta de Galicia póñenos diante dun panorama complicado debido á precaria situación na que quedan. Estas son as súas historias:

Susana Cid Fernández

De Ourense, 35 anos. Experta en Neurociencia, concretamente, en Psicofisioloxía. O seu proxecto “pretende buscar marcadores psicofisiolóxicos que permitan a detección da Enfermidade de Alzheimer moito antes de que presente os seus síntomas característicos”, segundo explica. Realizou a súa estadía no Centro San Giovanni di Dio en Brescia, hospital especializado en demencias e enfermedades mentais, no grupo liderado por Carlo Miniussi, “unha das máis importantes personalidades mundiais na investigación sobre estimulación cerebral non invasiva”, destaca.

Publicidade

O caso de Susana é un dos máis complicados debido á baixa por maternidade. “Eu desfrutei dun permiso de maternidade de arredor de case 6 meses no ano de retorno (o último dos 3 que contempla a Modalidade A deste programa), así que o meu contrato prolongouse polo mesmo período, ata xaneiro do 2020. Por como a Xunta xestiona as convocatorias deste programa, non poderei presentarme á Modalidade B ata a convocatoria de 2020 (se é que existe, do que non hai garantías), que se se retrasa con respecto a 2019 (como ven pasando nos últimos anos), non proporcionará os contratos antes de novembro do 2020. Polo tanto, irei ó paro case un ano enteiro, ou pode que incluso máis”.

34 científicos de prestixio denuncian que a Xunta os deixa sen contrato

Zulema Varela Río

De 38 anos, e tamén de Ourense. Traballa na Área de Ecoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, no grupo de Ecotoxicoloxía e Ecofisioloxía Vexetal, e está especializada na biomonitorización da calidade do aire. Coa Modalidade A do contrato I2C estivo traballando dous anos na Universidade de Lisboa.

Entre os problemas derivados destes atrasos, expón que “para desenvolver a miña investigación teño varios cultivos vexetais no laboratorio dos que se terán que encargar os meus compañeiros de laboratorio durante estes meses para non perdelos”. E respecto a á actividade académica, “a verdade es que estaba moi ilusionada porque en Setembro comezo a dirixir a miña primeira Tese Doutoral e teremos que buscar un co-director que se encargue do doutorando durante este tempo porque non vai perder cinco meses (ou máis) por causa dunha mala xestión da Xunta”. Ante isto, o que pide á Administración é “aplicar o sentido común, é o único”.

Ivan Villarmea Álvarez

Nacido na Coruña hai 37 anos. Desenvolvou un proxecto sobre cinemas ibéricos da austeridade entre o Centro de Estudos Comparatistas da Universidade de Lisboa, o Centro de Investigación Interdisciplinar e Transcultural da Université Bourgogne Franche-Comté e o Departamento de Historia da Arte da USC.

Entre os problemas derivados desta situación precaria expón “a incerteza que supón ficar agora no paro supón unha parálise na miña investigación que dificulta que poida completar varios artigos que ía escribir neste tempo e participar nun par de congresos internacionais neste outono (o feito de cobrar a prestación por desemprego limita a nosa mobilidade, xa que non permite, en teoría, que saiamos do territorio estatal)”.

Hugo López Fernández

Nacido en Ourense, onde tamén vive, hai 30 anos. Especializado en Ciencias da
Computación, coas aplicacións a bioinformática e investigación biomédica. Realizou dúas estancias dun ano na Facultade de Ciencias e Tecnoloxía da Universidade Nova de Lisboa e unha estancia de un ano no Instituto de Investigación e Innovación en Saúde (i3S) da Universidade do Porto.

Os ritmos de traballo que desenvolven Hugo provocan que “non se pode estar parado durante todo ese tempo. Calquera que coñeza mínimamente como funciona a ciencia sabe que temos tarefas por rematar das que somos responsábeis e que teremos que terminar nos mesmos durante este tempo, sen ir mais lonxe a escrita de artigos dos que somos responsábeis ou análises de datos a piques de acabar que é preciso enviar a outros colaboradores”, lamenta.

“Tiven que volver a casa dos meus pais; non podemos facer ciencia vivindo do aire”

Ángela Fontán Bouzas

Nacida en Pontevedra en 1977, estuda as zonas litorais de Galicia e Portugal no ámbito da dinámica costeira e modelos de previsión e alerta ante ondas e eventos extremos. “O meu proxecto estuda a vulnerabilidade da costa no contexto do cambio climático e riscos xeolóxicos“, explica. Realizou estadías en dous centros de referencia no estudo do ambiente marítimo, o Centro de Estudos do Ambiente e do Mar (CESAM) e o Centro de Investigación Marinha e Ambiental (CIMA), asociados ás universidades de Aveiro e Algarve.

“O noso vínculo coas institucións queda pechado e os proxectos parados que, no mellor dos casos, serán retomados a partir de novembro. No meu caso estou codirixindo unha tese de doutoramento e un traballo de mestrado e mais realizando medicións de campo que non poden ter continuidade en situación de desemprego”, exemplifica Ánxela.

Inés Viana González

Nacida na Coruña hai 34 anos. Vive en Vigo, en cuxa universidade traballa. É especialista en Ecoloxía Mariña, en concreto, no estudo das achegas derivadas da actividade humana aos macrófitos mariños, como as algas. Coas axudas posdoutorais traballou en centros de referencia como o Leibniz Centre for Tropical Marine Research (ZMT) en Bremen (Alemaña) e no Centro Interdisciplinar de Investigação Marinha e Ambiental (CIIMAR) en Porto (Portugal). Anteriormente xa fixera estancias no Marine Biological Laboratory nos Estados UNidos ou Inter-University Institute for Marine Sciences en Israel.

O caso de Inés é outro dos afectados pola maternidade. “O programa contempla a paralización dos contratos durante o permiso de maternidade para reanudalos cando te incorporas. Pero esta paralización supón na realidade unha penalización e unha discriminación fronte as mulleres que somos nais, pois quédome descolgada do resto da xente da miña convocatoria e teño que esperar indefinidamente e sen contrato por unha convocatoria que non sabemos nin en qué termos nin cando sucederá”, destaca.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Inmaculada Rodríguez: “Antes faciamos empresas de parafusos, agora de ciencia e tecnoloxía”

A directora xeral de Unirisco reclama dar o salto da investigación á empresa nas xornadas 'Investir en Ciencia si é rendible’, que organiza xunto a Noso Capital

Galicia lidera o debate sobre a rendibilidade da ciencia da man de Unirisco

Universidades europeas e centros de investigación analizarán en Santiago o impacto das tecnoloxías disruptivas e a importancia de crear ecosistemas emprendedores

A credibilidade na ciencia é menor entre a mocidade que entre o público adulto

Só o 72,6% das persoas de entre 18 e 24 anos cre que as disciplinas científicas buscan a verdade, fronte ao 90,2% da poboación maior de 65 anos

Seis imaxes que cambiaron a historia da ciencia

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de O ser humano empregou primeiro o debuxo e...