Explicación: desde a Patagonia setentrional os ceos matinais estaban claros e azuis o domingo, 26 de febreiro. Esta escena composta de gran amplitude, que mira por riba de Valle Hermoso, Facundo, Chubut (Arxentina), segue ao Sol tralo mencer, capturando unha eclipse solar anular. Creada a partires dunha serie de exposicións a intervalos de tres minutos, amosa a primeira eclipse solar do ano comezando ben por riba do afastado horizonte leste. Unha exposición preto da metade da eclipse gravou o agardado anel de fogo, a silueta da Lúa Nova só un pouquiño pequena de máis para cubrir ao brillante Sol. Nesa localidade do planeta Terra a fase anular da eclipse durou uns breves 45 segundos.