Venres 29 Marzo 2024

Documentos avalan que Rosalind Franklin foi esencial para o descubrimento da estrutura do ADN

Un artigo publicado por Nature demostra que a química colaborou en "pé de igualdade", proporcionando datos cruciais e verificando o resultado

É un dos maiores escándalos da ciencia. Rosalind Franklin, como moitas mulleres científicas, foi invisibilizada nos seus labores de investigación mentres que os seus compañeros gañaban un Premio Nobel. Tras 70 anos da publicación de James Watson e Francis Crick sobre a dobre hélice, Nature saca a luz novos documentos que corroboran o papel fundamental da química e cristalógrafa británica. “Rosalind Franklin non foi unha vítima no descubrimento da estrutura do ADN. Unha carta que pasou desapercibida e un artigo de prensa inédito, ambos de 1953, demostran que contribuíu en pé de igualdade”, escriben Matthew Cobb e Nathaniel Comfort, os escritores do artigo que desvela o que realmente aportou Frankin ao descubrimento da estrutura do ADN.

Segundo conta a historia, Maurice Wilkins, que traballaba con Frankin, ensinoulle a Watson -sen o consentimento da científica- unha imaxe de raios X do ADN tomada por Franklin, a coñecida Fotografía 51. A información obtida deste captura, foi o que axudou a desenvolver o modelo de dobre hélice de ADN, o que fixo que Watson, Crick e Wilkins recibiran o Premio Nobel de Medicina en 1962. Isto foi o que contaba a lenda, con todo, os documentos aportados pola revista Nature desmontan esta visión. Desta maneira, Franklin era retratada como unha científica “sentada durante a imaxe durante meses, sen lograr comprender a súa relevancia, mentres que Watson o entendeu de inmediato”. Con todo, Matthew Cobb e Nathaniel Comfort quítanlle impotancia á fotografía, e afirman que Franklin se deu de conta da súa relevancia e de moito máis.

Publicidade

Un documento clave atopado polos investigadores é un artigo de prensa do arquivo do Churchill College que non se chegou a publicar, escrito pola xornalista Joan Bruce e que ía ser publicado na revista Time. Tamén atoparon unha carta dun dos colegas da científica a Crick que non se estudara. Os textos confirman que a química entendeu perfectamente a estrutura do ADN e xunto con Maurice Wilkins, foi “a metade do equipo que articulou a cuestión científica, deu os primeiros pasos importantes cara unha solución, proporcionou datos cruciais e verificou o resultado”, apunta o artigo. Cobb e Comfort comentan que Franklin “enfrentouse non só a ao sexismo rutinario da época, sino que tamén a formas más sutiles incrustadas na ciencia, algunhas das cales seguen presentes hoxe en día”.

O artigo de Nature explica que Franklin contribuíu con varias ideas clave sobre o descubrimento da dobre hélice. Diferenciou as formas A e B resolveu un problema que confundiran os investigadores anteriores. As súas medicións demostraron que a célula unitaria de ADN era grande e determinou a simetría C2 exhibida pola mesma. Así mesmo, descubriu como o ADN podería especificar as proteínas. Os autores mencionan un documento presentado en agosto de 1953 e publicado en 1954, onde Crick e Watson explican que sen os datos de Franklin, “a formulación da nosa estrutura tería sido moi improbable, senón imposible”. Tamén, referíronse ao estudo do Consello de Investigación Médica (MRC) como “un informe preliminar” onde Franklin e Wilkins suxeriran “de forma independiente que a estrutura básica da forma paracristalina (B) é helicoidal e contén dúas cadeas entrelazadas”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego detecta posibles biomarcadores da esquizofrenia resistente ao tratamento

Científicos do IDIS identifican un perfil de 16 microARN que diferencia aos pacientes que non responden á medicación dos que si o fan

Atopada unha proteína que evita que o ADN se triplique

Un equipo do CNIO descobre un sistema 'antifallo' que podería ter aplicación na prevención do cancro e doutras enfermidades

Por que os humanos non teñen cola? A resposta está nos “xenes saltóns”

Un estudo publicado na revista 'Nature' explica que secuencias móbiles de ADN propiciaron a perda deste apéndice

Os bebés con Down eran enterrados con rituais específicos na prehistoria europea

Unha investigación identificou seis casos de nenos e fetos, cinco deles de entre 5.000 e 2.500 anos atrás