Venres 29 Marzo 2024

Así se ve o deserto do Sáhara encima de Galicia

A borrasca Celia impulsa o po sahariano á comunidade galega, aínda que a calidade do aire é "favorable" na meirande parte do territorio

Os ceos galegos tamén se están a ver afectados polo po sahariano que tinguiu de laranxa algunhas rexións de España. A borrasca Celia, que envía unha fronte que deixa chuvia intensa en Andalucía, serve de motor para impulsar o po en suspensión procedente do deserto que chega a Galicia. A excepcionalidade deste episodio causou moita expectación na poboación, e non foron poucas as persoas que compartiron en redes sociais imaxes do fenómeno.

Esta manta de po que se estende polo territorio español afecta de forma desfavorable a calidade do aire, podendo ter repercusións na saúde. Segundo MeteoGalicia, a calidade do aire na comunidade galega é, polo xeral, favorable. Non obstante, algunhas estacións rexistraron altos niveis de concentración de partículas PM10, como a de Laza, Lalín, Xinzo da Limia, A Coruña-Torre de Hércules e Oural e outras catalogaron o aire como “regular”. En cambio, no mapa de calidade do aire da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) si que pode observarse na provincia de Ourense unha zona con calidade desfavorable.

Publicidade

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A borrasca Nelson activa a alerta en Galicia por chuvias, vento e temporal marítimo

A Semana Santa comeza con aviso laranxa por ondas de 7 metros en todo o litoral e amarelo por acumulación de chuvia de ata 40l/m2 en tan só 12 horas

Un río atmosférico empapa Semana Santa: Galicia poderá superar os 100 l/m² 

A situación de inestabilidade continuará durante a fin de semana, cando podería producirse unha cicloxénese explosiva no oeste da península

Galicia rexistra o cuarto inverno máis cálido en 60 anos

As precipitacións foron un 18% superiores ao habitual para este período, sendo especialmente abondosas en febreiro

Dúas potentes borrascas atlánticas deixarán un temporal de chuvia e neve

Unha sucesión de frontes activarán a alerta amarela este xoves por refachos superiores aos 80 km/h e ondas de ata 5 metros nas Rías Baixas e na Costa da Morte