Venres 29 Marzo 2024

A empresa aeronáutica Delta amplía por terceira vez as súas instalacións en Nigrán

Coa sinatura do acordo que se levou a cabo este mércores, a empresa Delta Vigo comprou ao Consorcio da Zona Franca dúas novas parcelas que pechan xa toda a mazá 14 do parque empresarial Porto do Molle. Esta é a terceira ocasión en que a empresa dirixida por Francisco Puga, que desenvolve proxectos para o sector aeronáutico desde Vigo, amplía as súas instalacións no parque empresarial, co que pasa a ocupar unha superficie de 53.579 metros cadrados, a totalidade da maior das mazás empresariais do parque.

A delegada do Goberno para a Zona Franca, Teresa Pedrosa, felicitou de novo a Francisco Puga “xa que é un referente de empresario que aposta pola innovación, a calidade e o traballo ben feito, facéndoo desde a súa terra e demostrando que non hai fronteiras para crear riqueza en Vigo”.

Publicidade

Delta Vigo destinará as novas parcelas á fabricación de compoñentes aeronáuticos de alto valor engadido

Delta iniciou a compra de chan en Nigrán en outubro de 2015 e desde ese momento foi experimentando un constante incremento de negocio. En 2017 adquiriu outras dúas novas parcelas contiguas ás primeiras e hoxe adquiriu outras dúas que lle permitirán construír unha macroplanta destinada á fabricación de compoñentes aeronáuticos de alto valor engadido, onde se desenvolverán procesos de enxeñaría, fabricación, montaxe, control de calidade e ensaios de materiais, embalaxes e expedicións.

Delta Vigo foi a adxudicataria, en outubro de 2015, de 3 parcelas en Porto do Molle cunha superficie conxunta de 22.800 metros cadrados. En 2017, dúas novas parcelas, contiguas ás anteriores, sumaron outros 15.000 cadrados e hoxe completou o desenvolvemento con outros 15.392 metros cadrados adquiridos por un total de 1.885.000 euros.

A empresa adxudicataria, Delta Vigo Aeroestructuras, foi fundada en Vigo en 1947 e ofrece solucións de enxeñería para a industria, especialmente nos campos da aeronáutica, a defensa e a automoción. Delta Vigo ten a súa sede principal noutra das áreas empresariais da Zona Franca, o Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo (PTL). Tamén ten instalacións na estrada de Peinador, xunto ao Aeroporto de Vigo, e na localidade toledana de Illescas.

No Parque Empresarial de Porto do Molle, de máis dun millón de metros cadrados, operan xa máis 115 empresas que xeran ao redor de 1.800 empregos e onde o Consorcio ofrece un Centro de Negocios, un edificio Tecnolóxico e Aeroespacial, 40 naves bioclimáticas e onde está previsto construír en breve novas naves que se comercializarán en réxime de aluguer adaptadas ás necesidades de pequenas e medianas empresas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Hermes Smart Control, loxística innovadora para o sector industrial

A aceleradora BFAuto (Business Factory Auto), promovida pola Xunta a través...

Manuel E. Garci: “Temos que coidar as nosas rías, porque son case únicas”

O biólogo mariño, gran coñecedor dos fondos mariños da ría de Vigo, pechou o ciclo 'Vigo Científico', organizado por GCiencia e Consorcio da Zona Franca

EN DIRECTO | O mundo submarino da ría de Vigo con Manuel E. Garci, en ‘Vigo Científico’

O biólogo mariño, gran coñecedor da zona, participa este martes ás 19.30 nos encontros organizados por GCiencia e o Consorcio da Zona Franca

O percorrido submariño pola ría con Manuel E. Garci pecha o ciclo ‘Vigo Científico’

O biólogo mariño, gran coñecedor dos fondos desta costa, participa este martes ás 19.30 nos encontros organizados por GCiencia e o Consorcio da Zona Franca