Sábado 20 Abril 2024

Debate en Compostela sobre crear o ‘Fat tax’, un imposto para a graxa como co alcol e o tabaco

¿É beneficioso impor unha fat tax no sistema español, similar á que xa existe co alcohol e o tabaco? Sobre esta cuestión debaterán este mércores 9 en Medicina o Club de Debate Compostela e a asociación Scienceffect. Na xornada, que comezará ás 19.30 horas, evidenciaranse os aspectos positivos e negativos de ampliar estas sancións tamén ás condutas asociadas ao consumo de alimentos pouco saudables que xeran problemas de obesidade.

No debate enfrontaranse directamente o coñecemento de fondo sobre un tema (Scienceffect) e as habilidades comunicativas (CDC), unha iniciativa pensada precisamente para pór en valor ambos aspectos á hora de desenvolver un discurso convincente.

Publicidade

O Club Debate Compostela naceu hai cinco anos coa fin de promover o diálogo e a oratoria no ámbito universitario. Hoxe é un dos clubs de debate máis grandes de España, con máis de 80 socios entre os que se inclúen varios campións mundiais, estatais e autonómicos e cunha das Ligas Internas de Debate máis potentes do panorama nacional.

O Club Debate Compostela naceu hai 5 anos na Universidade de Santiago

Este mércores en representación de CDC participarán a presidenta da asociación, María Táboas; a gañadora do Campionato Mundial de Debate Universitario 2016, Aida González; a bicampioa estatal Paula Rodríguez; e Carlos Rey, gañador da Competición de Comunicación da Asociación Galega de Debate e campión autonómico.

Pola súa banda, Scienceffect naceu hai ano e medio como unha asociación de alumnado da USC cuxo núcleo é a investigación e hoxe forman parte dela máis de 70 estudantes de todas as facultades de ciencias da USC. Apóiase en tres piares, como son a autoaprendizaze, a divulgación científica e a introdución no panorama investigador. Recentemente gañou a Galicia Maker Faire 2016 cun proxecto de divulgación científica.

Representarán a Sciencieffect Xabier Mazaira, mellor maker da Galicia Maker Faire; o presidente da asociación e premio ao Mellor Orador Autonómico, José Gago; o premio ao Mellor Orador da Liga Interna da USC Guillermo Martinez; e a campioa e finalista de diferentes torneos de debate a nivel nacional Cristina Barreiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia avanza para contar cos seus propios medicamentos CAR-T nos próximos anos

A finais de ano abrirá un centro de produción en Santiago e un proxecto de investigación traballa para aplicalos en tumores sólidos

Así era Castro Valente: a fotografía láser recrea a muralla da gran fortaleza medieval galega

Un estudo da USC usa as novas tecnoloxías para ampliar información sobre o xacemento de 10 hectáreas situado entre Padrón e A Estrada

O meteorito que brillou como cincuenta lúas cheas xa pode visitarse en Santiago

Tratouse dun asteroide de 1,15 metros de tamaño e 2,62 toneladas de masa que chocou contra a atmosfera a 15 Km/s

Unha tese galega demostra a viabilidade de reutilizar restos vinícolas e pesqueiros no país

Antonio Cortés avaliou a sustentabilidade das estratexias de valorización de residuos orgánicos, alén de estudar a ecoeficiencia dos procesos