Venres 19 Abril 2024

Dafne, a creadora de ondas

Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA
Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA

Explicación: mergullada preto dos límites exteriores dos aneis de Saturno, o 16 de xaneiro a nave espacial Cassini capturou esta imaxe aínda máis achegada de Dafne. Cuns 8 quilómetros de diámetro e orbitando dentro da fenda de Keeler do sistema de aneis brillante, a pequena lúa está facendo ondas. O oco máis externo, de 42 quilómetros de anchura, aparece de esguello na imaxe polo ángulo do fotografado da Cassini. As ondas, que aparecen pola influencia da gravidade feble da pequena lúa cando cruza a imaxe de esquerda á dereita, fórmanse no material do anel no bordo do oco. Pode verse un ronsel xusto por tras de Dafne, un rastro feble parecido a unha onda de material do anel. Tamén poden ollarse detalles destacados de Dafne, como unha crista estreita ao redor do seu ecuador, probablemente un amoreamento de partículas do anel.

Charla: APOD da NASA 2016, un ano de astronomía en galego. Sábado 21 de xaneiro de 2017 en Ourense, no Ateneo (Av. Habana, 25), ás 20:00 horas. Muncyt da Coruña, xoves 16 de febreiro ás 19:30.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón