Venres 19 Abril 2024

Expertos internacionais sobre neurociencia e BigData visitan A Coruña

Expertos internacionais en BigData, neurociencia e cambio social reuniranse a vindeiras semana na Coruña, na sede de Afundación, para debatir sobre a relevancia da ciencia dos datos nos cambios sociais que acontecen no planeta.

As xornadas, organizadas pola CorBI Foundation e que levan o título de CorBI Data Summit 2017, traerán a Galicia a expertos como Richard Bonneau, do Flatiron Institute (Simons Foundation. Nova York); Cengiz Pehlevan, do Flatiron Institute (Simons Foundation. Nueva York); Julio Mayol, director do Hospital Clínico de Madrid; Pedro Larrañaga, da Universidad Politécnica de Madrid; e Nuria Oliver, de Data-Pop Alliance (Harvard University).

Publicidade

O biólogo Richard Bonneau ofrecerá unha conferencia aberta ao público

A reunión comezará cunha charla coloquio e continuará coa intervención dos cinco oradores ao longo das dúas xornadas. A primeira sesión, o día 19, estará coordinada polo matemático do ICMAT David Ríos, e estará centrada na Ciencia dos Datos enfocada á neurociencia. A segunda sesión, xa o día 20, estará moderada polo físico Eduardo Sánchez Vila e terá o foco na Ciencia dos Datos e o cambio social. Ao rematar cada sesión, haberá un debate que permitirá extraer as conclusións finais.

Alén destas sesións, o experto Richard Bonneau ofrecerá unha conferencia aberta ao público o día 19 ás 19.30, de carácter divulgativo, na que amosará os paralelismos entre o funcionamento das redes biolóxicas e as redes sociais. Bonneau, de 41 anos, é biólogo e dirixe un equipo de traballo no Flatiron Institute, un organismo dedicado á investigación científica a través de métodos computacionais, incluíndo análises de datos, modelado e simulación. Foi incluído hai anos na lista dos 20 mellores científicos mozos do mundo pola revista Discover.

A CorBI Foundation, organizadora das xornadas, é unha institución nacida na Coruña en 2016 que busca apoiar a investigación científica desde diferentes eidos, enlazando a biomédica coas matemáticas e a computación para abrir novas vías de busca de coñecemento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como de accesible é a rúa na que vives? Compróbao neste mapa

A aplicación 'City Access Map' permite comprobar que servizos están a menos de 15 minutos camiñando nas cidades e areas metropolitanas de Vigo e A Coruña

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Un traballo da UDC sobre investigación básica en epilepsia gaña o Epiforward 2024

O equipo conseguiu reducir a actividade cerebral grazas á aplicación de campos magnéticos en áreas concretas do cerebro

Científicos galegos participan no primeiro mapa español de bacterias resistentes aos antibióticos

A base de datos en liña proporciona o perfil xenómico de 461 cepas, procedentes de 41 hospitais situados en 13 rexións de España