Xoves 18 Abril 2024

O congreso da Ataxia da Costa da Morte incluirá unha exposición e charlas divulgativas

A organización do II Congreso Internacional sobre a SCA36, a Ataxia da Costa da Morte, vai achegando máis detalles sobre o programa da reunión, que se celebrará no municipio de Cabana de Bergantiños, lugar de orixe da maioría dos afectados pola doenza, entre os días 28 e 30 de xuño.

Alén das sesións de traballo e as presentacións de comunicacións, que terán lugar no auditorio municipal de Cabana, o comité organizador prepara tamén a celebración de charlas divulgativas, así como unha exposición sobre a doenza e unha xornada de portadas abertas para o domingo 1 de xullo no pavillón municipal.

Publicidade

A xornada de portas abertas contará cun obradoiro interactivo de investigación científica

Para este día está previsto un obradoiro científico, no que os asistentes poderán aprender como se fai unha extracción de ADN e como funciona o cerebro no noso día a día. As actividades estarán impartidas por neurólogos, xenetistas, psicólogos e farmacéuticos.

Entre os días 28 de xuño e 15 de xullo estará tamén aberta unha exposición sobre o sistema nervioso e as enfermidades xenéticas, onde tamén se poderán ver as fotografías e relatos finalistas do concurso escolar “Coñecendo/descubrindo as ataxias”, no que participaron centros da comarca de Bergantiños.

Este mesmo día, ademais dos talleres, haberá unha charla de Ángel Carracedo e unha conferencia dos doutores Manuel Arias e María Jesús Sobrido, presidentes dos comités organizador e científico, respectivamente, na que se exporán as conclusións do II Congreso.

Científicos de Xapón e Estados Unidos

No congreso, ademais dos investigadores galegos e españois, tomarán parte tamén científicos procedentes de Xapón (onde se celebrou o I Congreso internacional da SCA36) ou os Estados Unidos, desde onde chegarán investigadores da Mayo Clinic de Florida. Nas sesións abordaranse algúns dos últimos avances na investigación contra este enfermidade, unha doenza neurodexenerativa de orixe xenética que afecta ao aparello locomotor e á fala.

Podes consultar aquí a programación do simposio sobre a SCA36.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Non son medusas: estes son os animais que apareceron nas praias da Costa da Morte e do Morrazo

A principal hipótese atribúe o varamento masivo de veleiriños ás correntes e fortes ventos provocados pola borrasca Nelson

Investigadoras galegas constatan que as mulleres autistas camuflan máis os seus síntomas

O enmascaramento provoca retrasos no diagnóstico e problemas de saúde mental derivados da presión social

Ángel Carracedo: “O Proxecto Xenoma Galicia é o máis ambicioso do mundo”

A iniciativa recompilará o ADN de 400.000 galegos para identificar variantes xenéticas de alto risco e para anticiparse ás enfermidades

Ángel Carracedo: “Divulgar na miña terra? Teño claro que en galego”

O xenetista fai un repaso da súa traxectoria como líder dun laboratorio que é referencia internacional en Ciencias Legais en Forenses