Venres 29 Marzo 2024

É tempo de apañar cogomelos no Courel

A Estación Científica do Courel celebrará o vindeiro 3 de novembro unha nova xornada de iniciación á micoloxía centrada na diferenciación entre cogomelos comestibles e velenosos. As persoas interesadas en participar nesta actividade formativa e de divulgación que xa vai pola súa sexta edición poden formalizar a súa inscrición de balde ata o luns 29 de outubro a través dos números de teléfono 982 821 901 e 600 942 418 ou tamén mediante o envío de solicitude aos enderezos de correo electrónico ro_rodriguezlopez@hotmail.com eAntonio.rigueiro@usc.es.

O programa desta xornada sobre cogomelos comestibles e velenosos, un foro que nesta edición conta con apoio do proxecto europeo Afinet, comezará cun relatorio de achegamento ao mundo da micoloxía a cargo de Juan Luis Fernández Lorenzo, profesor do Departamento de Produción Vexetal da USC na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra.

Publicidade

As principais características que diferencian as especies comestibles das velenosas centrará a intervención do catedrático da USC e director da Estación Científica do Courel, Antonio Rigueiro. De seguido, o presidente da Sociedade Micolóxica Lucus, Julián Alonso Díaz, quen tamén é doutor en Veterinaria, pechará o programa matinal cun relatorio sobre especies tóxicas e casos de intoxicación por cogomelos.

Xa en quenda de tarde, unha saída ao monte para identificar e recoller cogomelos baixo a guía do presidente da Sociedade Micolóxica Lucus, Julián Alonso, e na que tamén participarán os demais profesores do curso, servirá de colofón desta xornada de iniciación á micoloxía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os incendios do Courel destapan miles de fósiles mariños do Paleozoico

Un xacemento de 416 millóns de anos descobre unha grande población de crinoideos, o grupo máis antigo dos equinodermos

Os Ancares e O Courel, distinguidos como ‘Mellor destino de montaña 2023’

O selo Observer revalida a certificación aos dous espazos naturais, que xa recibiran o recoñecemento en 2019

Galicia avanza para contar cos seus propios medicamentos CAR-T nos próximos anos

A finais de ano abrirá un centro de produción en Santiago e un proxecto de investigación traballa para aplicalos en tumores sólidos

Así era Castro Valente: a fotografía láser recrea a muralla da gran fortaleza medieval galega

Un estudo da USC usa as novas tecnoloxías para ampliar información sobre o xacemento de 10 hectáreas situado entre Padrón e A Estrada