Explicación: que hai sobre París? Cirros. Normalmente, as nubes cirro semellan brancas ou grises cando reflicten a luz solar, puidendo semellar escuras no solpor (ou no mencer) contra un ceo mellor alumeado. Os cirros están entre os tipos de nubes máis altas e normalmente son delgadas abondo para ver as estrelas ao seu través. As nubes cirro pódense formar a partires da humidade liberada sobre as nubes de tormenta e por iso poden anunciar a chegada dun significativo cambio no tempo. Ao contrario, as nubes cirros tamén se poden ollar en Marte, Xúpiter, Saturno, Titán, Urano e Neptuno. A fotografía publicada foi tirada hai dous días desde unha fiestra do Distrito 15, París(Francia, a Terra). Por suposto, o obxecto alumeado brillantemente na parte inferior dereita é a Torre Eiffel.