Sábado 20 Abril 2024

A cidadanía ‘Conecta con atlanTTic’ nunha nova xornada de portas abertas

Alumnado da ESO, Bacharelato e FP participou nas actividades organizadas polo centro da UVigo para dar a coñecer as súas instalacións

Alumnado de varios institutos de ensino medio participaron este venres en Vigo na xornada de portas abertas Conecta con atlanTTic, unha actividade organizada polo Centro de Investigación en Tecnoloxías da Telecomunicación (atlanTTic) da Universidade de Vigo, co obxectivo de achegarlle á cidadanía galega as instalacións, laboratorios e principais liñas de traballo deste centro.

Durante a visita o alumnado tivo a oportunidade de coñecer de preto as instalacións e o equipo de traballo deste centro, participando en demostracións sobre comunicacións 5G, ópticas e vía satélite, e falando co persoal investigar de proxectos como Panoramix, centrado na detección do deterioro cognitivo en persoas maiores, ou Celia, un chatbot con empatía para entreter e acompañar a persoas maiores. Familiarizáronse tamén cos sistemas de radar e xeoposicionamento; a aplicación SignaMed, que traballa no recoñecemento automático de lingua de signos para facilitar a comunicación coas persoas xordas; e Lightboard, un taboleiro de cristal luminoso para a educación dixital.

Publicidade

Visitas guiadas aos laboratorios

Así mesmo, as persoas asistentes participaron nas visitas guiadas aos laboratorios, como o de Seguimento de satélites; o de Acústica, incluída a sala de control non-environment e a sala semi-anecoica, acondicionadas coa tecnoloxía Metadyne, material que permite absorber as ondas acústicas; e o laboratorio QOPHI, centrado na investigación e deseño de dispositivos fotónicos integrados, onde se puxeron ao día sobre a revolución que supoñen os chips que empregan esta tecnoloxía.

Durante a visita, o alumnado, principalmente da ESO, de Bacharelato Tecnolóxico e dun ciclo de FP, aproveitaron para interesarse polo labor diario do persoal investigador dun centro de investigación e como repercute o seu traballo na sociedade.

A Xornada de Portas Abertas de atlanTTic continúa esta tarde para o público xeral. Está previsto que asistan preto dun centenar de persoas de diferentes idades.


Podes ler a noticia completa do DUVI na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como rexistrar a túa marca? Este proxecto de atlanTTic axudará a resolver as túas dúbidas

Unha ferramenta baseada na intelixencia artificial filtrará a sección de preguntas frecuentes sobre propiedade intelectual dun organismo da Unión Europea

Un equipo de atlanTTic deseña antenas innovadoras para satélites xeoestacionarios

O proxecto da UVigo busca unha redución na masa e o volume da tecnoloxía, así como diminuír os custos

Tecnoloxía personalizada para o rural: “Se unha persoa maior se perde, o seu veciño pode saber onde está”

Un equipo de atlanTTic investiga a viabilidade de prestar servizos dixitais nas aldeas sen cobertura adaptados ás necesidades dos seus habitantes

A UVigo deseñará sensores fotónicos para identificar células tumorais

Membros de atlanTTic participan no proxecto europeo Retina para a mellora de procesos nos ámbitos da saúde, da automoción e da agricultura