Xoves 25 Abril 2024

China anuncia que creou bebés modificados xenéticamente

Un equipo de científicos da universidade de Shenzhen, no sur de China, afirman que conseguiron crear os primeiros bebés editados xenéticamente a través da técnica CRISPR. O achado, que non foi publicado en ningunha revista especializada e, por tanto, non contrastado nin revisado por outros científicos, suporía, de ser certo, un importante avance nesta técnica de edición xenética. Un método prometedor, pero sobre o que todavía hai serias dúbidas polos danos colaterais que podería supoñer.

Os científicos chineses sosteñen que conseguiron mutar o xene CCR5, que inhibe a resposta inmunitaria do corpo e facilita a entrada de doenzas como o VIH, a varíola e o cólera. 100 millóns de persoas teñen unha mutación ‘natural’ que desactiva a expresión do CCR5, protexéndoas do VIH, e isto é o que fixeron os investigadores nos dous bebés, chamados Lulu e Nana, nacidos hai unhas semanas, sempre segundo a súa versión.

Publicidade

O equipo liderado polo científico He Jiankiu publicou varios documentos nos que explican o procedemento realizado. Technology Review, a revista que publicou a exclusiva, sinala que Jiankiu non respondeu ás cuestións que lle enviaron. Porén, publicaron un documento que sinala que as probas xenéticas desenvolvéronse nos últimos seis meses. Despois da exclusiva desta revista, Associated Press publicou, citando ao científico chinés, unha parella que aceptou participar no proxecto tivo dúas xemelgas este mes, aínda que a axencia non puido confirmar a información por outras fontes.

Nun vídeo publicado en YouTube, o investigador explica como se desenvolveu o proxecto, e defende que se tomaron todas as precaucións necesarias para garantir a seguridade da nai e as xemelgas que participaron no experimento.

De confirmarse, sería un “incrible avance médico”, segundo Technology Review. Pero hai moita controversia. “Onde uns ven unha nova forma de Medicina, que elimina as enfermidades xenéticas, outras ven un chan esvaradío que abre a porta aos bebés á carta, como unha nova forma de euxenesia”, advirte a revista.

Riscos do CRISPR

Porén, a edición xenética mediante CRISPR xera aínda moito escepticismo en amplos sectores da comunidade científica, aínda coas posibles implicacións positivas que podería ter. Inducir determinadas mutacións que xeren efectos beneficiosos poderían producir tamén mutacións non desexadas que causen problemas irreversibles e inesperados, como tumores.

Nos últimos anos, desde China xa se están difundindo prácticas que avanzan no uso destas técnicas nos seus cidadáns. aínda que as dúbidas éticas, médicas e sociais son moitas noutros países do mundo. Así, as prácticas que o equipo chinés realizou serían ilegais na Unión Europea, segundo recolle Materia.

O mesmo medio contactou con Francis Mojica, o científico español que é pioneiro no uso do CRISPR, que tamén manifestou a súa preocupación sobre o anuncio dos científicos chineses. “É demasiado cedo, demasiado arriscado”, di Mojica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Identificado o risco de miocardiopatía dilatada nos portadores xenéticos

O estudo liderado polo investigador Pablo García-Pavía analiza as posibilidades de herdanza da enfermidade en familiares

Investigadores de Vigo proban con éxito un deseño de antena para un vehículo lunar

O dispositivo facilitará o sistema de comunicación durante as incursións das covas atopadas no satélite

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

Un neno maltratado ten tres veces máis risco de desenvolver unha adicción de adulto

O estudo dunha investigadora da Universidade de Queensland analiza as consecuencias do maltrato infantil a longo prazo