Venres 29 Marzo 2024

A Coruña acolle unha charla cunha experta internacional en ondas gravitacionais

Os últimos descubrimentos sobre as ondas gravitacionais espertaron o interese de moita xente respecto sobre este fito científico. Aproveitando isto, a Agrupación Astonómica Ío, quixo convidar á Coruña unha experta neste ámbito. Alicia M. Sintes, profesora da universidade das Illes Balears e investigadora do proxecto LIGO, falará este sábado 25 na Domus a partir das 19.30 horas.

A charla, que leva por título As ondas gravitacionais: as novas mensaxeiras do universo, enmárcase dentro do programa Coruña científica: ciclo de astronomía, organizado por Ío e que conta co apoio do Concello da Coruña.

Publicidade

Segundo explica Sintes, a astrofísica está vivindo na actualidade unha época revolucionaria, con novas técnicas, instrumentos e teorías que están achegándonos por primeira vez respostas veraces e coherentes ás grandes cuestións da humanidade: que hai no universo, como foi o seu pasado e cal será o seu futuro. Na Coruña, a experta contará que son, como se detectaron e que información aportan para coñecer mellor o universo.

Alicia M. Sintes é profesora de Física Teórica na Universidade das Illas Baleares, e é experta na posta a punto de detectores interferométricos e o estudio de estrelas de neutróns e binarias de buratos negros. É a investigadora principal da colaboración científica LIGO en España e foi asesora científica da Axencia Espacial Europea. Escribiu máis de 190 artigos científicos, recibiu o Premio Ramon Llull 2017 do Goberno das Illas Baleares, o Jaime II do Consell de Mallorca e a Medalla de Ouro da cidade de Palma, entre outros premios, pola súa participación no descubrimento das ondas gravitacionais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O planetario da Casa das Ciencias estrea unha proxección para público infantil

Un filme con dous esquíos como protagonistas ensinaralle os nenos de 4 a 7 anos as condicións de vida doutros planetas do sistema solar

Os Museos Científicos Coruñeses programan do 11 ao 19 de novembro a Semana da Ciencia

Co obxectivo de atender a elevada demanda de visitas, este ano prolónganse durante dúas fins de semana as celebracións da Semana da Ciencia

Os Museos Científicos Coruñeses abrirán toda a Semana Santa

A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae ofrecen unha programación especial polos festivos para toda a familia

Os plans dos Museos Científicos Coruñeses para unha fin de semana con nenos

As opcións son moitas e variadas: achegarse ás focas do Aquarium ou ver unha película no Planetario ou na Domus