Sábado 20 Abril 2024

O cetáceo que morreu afogado por 40 quilos de plástico

Nunha praia do val de Compostela, na illa de Mindanao (Filipinas) tivo lugar un dos últimos casos dramáticos que volven alertar sobre o problema da contaminación mariña por mor dos plásticos. Alí apareceu un cifio de Cuvier (Ziphius cavirostris) que apenas chegaba aos  catro metros e medio de lonxitude, pero que tiña 40 quilos de plásticos nas súas entrañas.

O animal foi atopado o pasado sábado, xa morto, en moi mal estado nesta zona. “Víase claramente que morrera debido á inxestión de plástico”, declarou o biólogo Darrell Blatchey, da entidade D’Bone Collector, a The Washington Post.

Publicidade

E a necropsia sacou á vista todo o lixo que acumulara: bolsas de supermercado, de basura, 16 sacos de arroz… así ata os 40 quilos. “Era tanto que o plástico estaba empezando a calcificar”, lamentou Blatchey.

As imaxes da necropsia, feita ante as cámaras para denunciar a contaminación, son devastadoras. “Isto non pode seguir así”, lamentou o biólogo, que destacou que Filipinas é o segundo país con maior contaminación por plástico no mundo.

Nos últimos anos, o problema é cada vez máis patente. En Galicia, a Cemma e outros centros de investigación teñen rexistrado, mediante algúns estudos e casos concretos, a presenza de micro e macroplásticos nos cetáceos presentes nestas augas. En abril do ano pasado, apareceu en Murcia un cachalote con case 30 quilos de plástico no seu interior.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O catedrático da UDC García Mira leva os seus estudos en psicoloxía ambiental ata Filipinas

A Universidade de Santo Tomás organizou unha conferencia sobre o papel da ciencia psicolóxica para abordar o impacto do cambio climático

Os ’pellets’ xa invaden zonas mariñas protexidas de Galicia

Unha simulación realizada pola organización internacional Oceana predí que os plásticos están presentes en todo o litoral da comunidade

Un equipo galego utiliza materiais que respiran CO2 para refrixerar e quentar fogares

O grupo da UDC busca substituír os actuais compoñentes de calefacción, daniños para o medioambiente, por outros máis sostibles e eficientes

Por que é tan difícil avaliar a toxicidade dos microplásticos

A chegada masiva de pellets de plástico ás costas de Galicia debido a unha vertedura volveu poñer o foco na contaminación por plásticos