Xoves 28 Marzo 2024

O catedrático de Electrónica Ramón Doallo ingresa na Real Academia de Ciencias

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou o acto de ingreso de Ramón Doallo Biempica, catedrático no Departamento de Electrónica e Sistemas da Universidade da Coruña (UDC), que se integra na Sección de Ciencias Técnicas. A súa forma parte da rolda de incorporacións á institución ao longo deste ano, na que están a entrar seis novos académicos de diversas áreas de coñecemento.

Ramón Doallo durante o discurso de entrada na RAGC.
Ramón Doallo durante o discurso de entrada na RAGC.

O discurso de ingreso do novo académico da RAGC titulouse“No camiño da computación exaescala”. A palabra ‘Exaescala’ recolle un concepto de futuro en informática, no que os ordenadores poderán facer trillóns de operacións por segundo, o que suporá un gran avance en disciplinas como a supercomputación ou o estudo de novos medicamentos. Logo da súa alocución, Doallo a medalla de mans do presidente da RAGC, Miguel Ángel Ríos, e o diploma seralle entregado polo reitor da UDC, Xosé Luís Armesto.
Ao acto asistiron, entre outros, o reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Juan Viaño; o vicepresidente do Consello da Cultura Galega, Francisco Díaz-Fierros; e o director do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), Javier García Tobío.
Ramón Doallo doutorouse en Física pola USC e é profesor titular e xefe do Grupo de Investigación en Arquitectura da Computación na UDC. Ten 23 anos de experiencia en investigación e desenvolvemento no campo da Computación de Alto Rendemento (High Performance Computing, HPC), cubrindo unha ampla gama de temas, como compiladores e linguaxes de programación para HPC, algoritmos e aplicacións paralelas e distribuídas, xestión de infraestruturas HPC, computación distribuída, arquitectura do procesador, computación gráfica e sistemas de información xeográfica distribuídos. As súas publicacións sobre estes temas superan as 120.

Doallo traballou na Universidade de Illinois e liderou 40 proxectos de investigación

Foi investigador visitante no Centro de Supercomputación de Investigación e Desenvolvemento e no Departamento de Ciencia da Computación, ambos os dous da Universidade de Illinois (EEUU). Ata o de agora, liderou 40 accións de investigación (proxectos, redes de investigación, etc.) financiados por axencias nacionais e internacionais, institucións públicas e empresas privadas. Na actualidade ocupa tamén a xefatura da Escola Internacional de Doutoramento da Universidade da Coruña.
No eido do emprendemento, Doallo é cofundador da empresa de base tecnolóxica Torus Software Solutions, que ofrece solucións de software de comunicacións ultrarrápidas que permiten acelerar aplicacións en contornas nas que o rendemento é crítico, en especial nos ámbitos financeiro, das telecomunicacións e da enerxía. A empresa está participada pola UDC e pola Fundación Barrié a través do seu Fondo de Ciencia e recibiu xa varios premios polo seu compoñente innovador.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Academia de Ciencias entrega os Premios Ernesto Viéitez Cortizo 2023

Recoñece a tres equipos galegos polo estudo de microplásticos, do control da glicosa e da mellora de imaxes médicas con IA

Convocado o IX Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas

Os traballos poden enviarse a partir do 15 de abril. A dotación económica do galardón será de 5.000 euros, cun accésit para o segundo mellor valorado

A RAGC premia ao equipo da UDC que busca métodos para identificar microplásticos no medio

Os Premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo 2023 conceden dous áccesits, un para a USC e outro para a UDC

A RAGC e a Xunta convocan os X Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia

Cada categoría está dotada con 5.000 euros e o prazo para a presentación de candidaturas remata o 30 de abril