Xoves 28 Marzo 2024

Castrelo de Miño acolle Astro Galicia, a festa das estrelas

A auténtica festa galega das estrelas xa está aquí. E ademais nun ano no que as condicións meteorolóxicas van ser moi favorables. Porque Astro Galicia é un evento de divulgación astronómica que celebra a súa oitava edición este fin de semana no Parque Náutico de Castrelo de Miño, coa colaboración de seis asociacións de afeccionados á astronomía de Galicia.

Segundo explica o físico e divulgador científico Dosi Veiga “ao longo de dous días coas súas noites teremos charlas didácticas, seminarios específicos, observacións astronómicas diúrnas e nocturnas e actividades divulgativas polo medio. Case todo o programa ten asistencia libre e son actividades para toda a familia”.

Publicidade

Entre os participantes en Astro Galicia haberá científicos de primeira liña, como Cristina Rodríguez López, astrofísica integrante do equipo que descubriu o planeta alfa Centauri B, o exoplaneta máis achegado a nós. Agora coordina o proxecto de ciencia cidadá RedPaleDot. Tamén estará Luís Cuesta, físico investigador no Centro de AstroBioloxía (INTA-CSIC) que falará da procura de vida marciana ou Javier acho explorador polar e escritor. Foi xefe da base científica antártica Juan Carlos I e responsable da Unidade de Cultura Científica do INTA. Dará unha charla sobre auroras, a conexión Terra-Sol e as exploracións polares.

Haberá observacións astronómicas con magníficos equipos dos que dipoñen os impulsores de Astro Galicia. E na web www.nauticocastrelo.com, asícomo en www.astromania.es están todos os datos desta importante cita para os afeccioados a astronomía en Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O ceo por fin ten nomes galegos: este é o dicionario das 88 constelacións

A Real Academia Galega aproba a listaxe, froito da colaboración entre o Seminario de Terminoloxía e un equipo de expertos en Astronomía

Así foi a Gala Ceos Galegos de astrofotografía

O programa Efervesciencia moveu os seus micrófonos ata Castrelo de Miño para participar na cit astronómica

Ceos Galegos 2019, un calendario con catorce abraiantes imaxes

Sae á venda a nova edición do almanaque de gran formato con fotografías nocturnas e astronómicas tomadas desde varios puntos de Galicia

AstroGalicia acolle unha festa da astronomía para todos os públicos

O Parque Náutico de Castrelo de Miño celebrará entre o 12 e o 14 de outubro numerosas sesións de divulgación sobre o ceo e o espazo