Venres 29 Marzo 2024

Buraco do Inferno, a forza do mar en estado puro

O Buraco do Inferno forma parte da furna máis emblemática de Ons. É un dos lugares máis visitados de toda a illa, non só polos espectaculares cantís entre os que se atopa, senón tamén, porque son moitas as lendas insulares que o rodean.

No medio dunha paisaxe almofadada de matogueira, o Buraco do Inferno é un dos miradoiros naturais máis fermosos de toda a illa. Próximo ao cantil, esta singular formación xeolóxica constitúe unha sima de 50 metros de ancho e 43 metros de profundidade que chega ata o mar, a través dun pozo e unha galería. Atópase protexida por unha varanda, pola súa perigosidade.

Publicidade

Forma parte dunha furna, ou cova mariña, produto da erosión costeira do mar. Debido á forza desigual que as ondas mariñas exercen sobre as rochas graníticas, algunhas zonas do cantil erosionan máis rápido que as outras. A súa morfoloxía depende do material xeolóxico, da orientación das fracturas e do grao de erosión ao que está sometido o material.

Para a observación

Baixando polo cantil, é posible acceder a un miradoiro que permite observar a impresionante boca da furna, de máis de 20 metros de altura, dende o mar. No inverno do 2003, un importante colapso no muro da galería, á altura da boca, formou unha barreira de grandes bloques que frearon a entrada das ondas, silenciando o buraco. Foi no punto de interseccion entre as galerías que configuran a furna, onde o colapso do teito deu lugar á sima de 43 metros que hoxe se pode ver dende a superficie.

Na illa de Ons hai catalogadas ata 33 furnas, entre as que o Buraco do Inferno ocupa, sen lugar a dúbidas, o lugar máis emblemático.

Corvo mariño cristado

Dende o mirador do cantil, tamén poderemos ver unha zona de nidificación do corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis), ave acuática de cor negro que gusta dos lugares illados para reproducirse. A diferenza da maioría das aves mariñas, a plumaxe desta ave é semipermeable, polo que debe secar as súas ás ao sol tralo mergullo nas paredes do cantil.

A lenda do Buraco do Inferno

O alcume “do inferno” provén dunha lenda que conta que esta sima era un punto de entrada ao inferno, custodiado por un touro de cornos de ouro. Os lamentos que os veciños aseguraban escoitar dende as profundidades desta formación xeolóxica resultaron ser o canto do arao común (Uria aalge), ave mariña que acostuma criar nestes cantís.

Descargar aquí a décimo sexta entrega da guía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Serra da Capelada foi un glaciar da última Idade do Xeo: “É un caso singular en toda a península”

O traballo do catedrático e investigador da USC Augusto Pérez-Alberti analiza a súa configuración xeomorfolóxica e a paisaxe

As plantas non nativas aceleran a desaparición dos ameneiros galegos

As árbores centroeuropeas que se importan para restaurar as plantacións afectadas por unha doenza fúnxica producen uniformidade xenética

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Primeira imaxe en luz polarizada do burato negro da Vía Láctea

Grazas a esta nova vista de Saxitario A*, a rede global de radiotelescopios EHT revela a existencia de fortes campos magnéticos xirando arredor do seu borde