Xoves 28 Marzo 2024

Achado “extraordinario” en Pontevedra dunha bolboreta americana

A "Vanessa virginiensis" foi avistada o pasado outubro na Xunqueira de Alba por José Rodrigo Dapena, da Sociedade Galega de Historia Natural

Chámase Vanessa virginiensis e é unha bolboreta americana que nunca ata o de agora fora rexistrada nos programas de seguimento de bolboretas europeos. E o pasado 19 de outubro, José Rodrigo Dapena, membro da Sociedade Galega de Historia Natural, localizouna no último dos percorridos da tempada pola Xunqueira de Alba, en Pontevedra. Era a primeira vez que esta especie foi localizada en Europa no marco do programa de seguimento de bolboretas BMS (Butterfly Monitoring Scheme) que desde os anos 70 veñen realizando no continente europeo e nos que participan países como España, Francia, Alemaña, Luxemburgo, Bélxica, Holanda, Reino Unido, Irlanda, Suecia ou Finlandia.

O informe BMS en España sobre a campaña de 2018 cualifica de “extraordinario” o achado desta bolboreta. E subliñan que é capaz de “acadar terras europeas grazas ás grandes tormentas que se producen no Atlántico entre setembro e novembro”.

Publicidade

Xa se coñecían algúns rexistros en Azores, Madeira, Canarias, e mesmo na propia península ibérica, na súa vertente occidental principalmente, sobre todo no período comprendido entre finais de verán e principios de outono, pero ata que José Rodrigo da Pena a localizou en Pontevedraa non se rexistrara en ningún dos miles de percorridos BMS que se realizan cada ano no vello continente ao longo e ancho de máis de 40.000 km.

O exemplar de Vanessa virginiensis, – unha “potente migradora”, segundo Dapena atopado en Pontevedra foi o único da especie entre as preto de 200.000 contabilizadas por estes programas de seguimento o pasado ano en todo territorio español, incluíndo os programas de seguimento vasco e catalán, con entidade propia.

A bolboreta "Vanessa virginensis". Foto: José Enrique Dapena.
A bolboreta “Vanessa virginensis”. Foto: José Enrique Dapena.

O naturalista explica que nos catro anos que leva censando bolboretas nun percorrido de pouco máis dun quilómetro xa detectou “a presenza de 35 especies de bolboretas diúrnas, unha cifra moi destacable para un ecosistema de marisma como o pontevedrés”. E agarda que co paso dos anos, estes rexistros aumenten: “Hai varias especies con bastantes probabilidades de ser detectadas nun futuro ao longo deste percorrido” comenta.

Os programas de seguimento de bolboretas BMS en Galicia están a deparar bastantes sorpresas nos últimos anos, engade José Rodrigo Dapena. Os propios integrantes do BMS Galicia publicaban na revista Braña, editada pola Sociedade Galega de Historia Natural, o descubrimento na illa de Cortegada de Apatura ilia, unha nova especie de bolboreta para o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, e que fai o número 50 do total de especies de bolboreta diúrna catalogadas dentro do territorio do mencionado Parque Nacional.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia superará os 40 graos durante a cuarta onda de calor da península

O sur de Pontevedra a Ourense serán as zonas máis afectadas durante un episodio de calor intenso que durará ata o xoves

Unhas xornadas afondan en como creatividade e innovación xeran un futuro máis sostible

Celebraranse este mércores 24 na Casa das Campás, en Pontevedra, ao abeiro do programa "Ciencia de ida e volta" impulsado pola UVigo

O Servizo de Dixestivo do Hospital de Pontevedra, o mellor de España contra a hepatite C

Esta unidade é pioneira na utilización de técnicas de intelixencia artificial e big data para a detección de pacientes ou implementando o diagnósticos dos mesmos nun só paso

A Coruña é a provincia con máis xeodestinos de Galicia

A actualización do mapa desta áreas turísticas destacadas suma 12 novos destinos e xa está integrado por un total de 26