Sábado 20 Abril 2024

As azucreiras influíron para culpar á graxa das doenzas coronarias

Todos escoitamos algunha vez a teoría de que a industria alimentaria financia estudos científicos para favorecer os seus propios intereses. Estes feitos quedan, case sempre, en meras conxecturas que carecen de base argumental e académica. Non en tanto, a revista JAMA Internal Medicine vén de publicar un traballo que amosa cómo a industria azucreira influíu na investigación das enfermidades coronarias co obxectivo de minimizar a influencia do consumo dos seus produtos neste tipo de doenzas.

Hai evidencias de que a industria alimentaria mantén hoxe en día este tipo de actuacións

Esta investigación, liderada polo científico Stanton A. Glantz, da Universidade de California, verificou varios documentos internos da Sugar Research Foundation (SRF) que incluían correspondencia entre esta entidade e un profesor de nutrición da Universidade de Harvard, codirector dun programa de investigación de enfermidades coronarias. Nesa época, a mediados dos anos 60, a SRF iniciou a investigación de enfermidades do corazón. O seu primeiro proxecto foi unha revisión da literatura, publicada na New England Journal of Medicine, que se centraba na graxa e o colesterol como causa das doenzas cardíacas, e minimizaba a influencia do consumo de azucre como factor de risco.

Publicidade

Na documentación agora revelada, amósase que a SRF estableceu os obxectivos do estudo, aportou os artigos que se incluirían e incluso recibiu borradores do texto. Non queda claro, porén, o aporte económico da SRF nin o papel que desempeñou. Amais, os autores son prudentes á hora de amosar evidencias directas de que as azucreiras influísen de xeito directo no artigo. Iso si, non é a primeira vez que se ten coñecemento de evidencias deste tipo. O ano pasado, o mesmo investigador, Stanton A. Glantz, publicou outro traballo que amosaba a grande influencia que tivo a SRF no Programa Nacional para a Carie, que o goberno de EE.UU. desenvolveu a finais dos anos 60. E en xuño deste ano, AP publicaba unha exclusiva na que amosaba as presións dos fabricantes de doces infantís sobre os investigadores en nutrición.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

‘Skincare’, cuestión de saúde? : “Hai que diferenciar entre dermatoloxía e cosmética"

O experto Juan García Gavín apunta que aínda unha gran parte da poboación cre que o coidado da pel provén do mero interés estético

O sarampelo rexorde con forza en Europa: que podemos facer?

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de As autoridades sanitarias portuguesas confirmaron un novo caso de...

Confirmado: fumar prexudica as defensas incluso anos despois de deixalo

O tabaquismo produce alteracións na inmunidade innata e adaptativa, así como cambios epixenéticos que se manteñen durante décadas

De beber? Auga, pero que sexa reciclada, por favor

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de Quizais aínda non o saiba pero, do mesmo...