Venres 19 Abril 2024

Avión, nubes, Lúa, manchas, Sol

eclipse solar
Créditos da imaxe e copyright: Doyle Slifer.

Explicación: qué é iso perante o Sol? O obxecto máis achegado é un avión, que se pode ollar xusto por diante do centro do Sol e captado soamente por casualidade. O seguinte son nubes abundantes da atmósfera da Terra, que crean unha serie de raias horizontais escurecidas. Máis afastada está a Lúa da Terra, que se ve coma unha gran mordedela circular e escura na parte superior dereita. Xusto por riba do avión e por baixo da superficie do Sol están as manchas solares. O grupo principal de manchas captadas aquí, AR 2192, é un dos máis grandes nunca gravados antes e leva faiscando e estourando con labaradas desde que pasou ao redor do bordo do Sol a comezos da semana pasada. Tomado o pasado xoves, este espectáculo de siluetas solares tivo, desafortunadamente, pouca vida. Nuns poucos segundos o avión voou fóra do cadro. Nuns poucos minutos as nubes derivaron cara fóra. Nunhas poucas horas a eclipse parcial do Sol pola Lúa rematou. Só o grupo de manchas solares fica, pero nuns poucos días incluso AR 2192 desaparecerá ao redor do bordo do Sol. Por sorte, cando se trata do Sol ata os inesperados aliñamentos son abraiantemente frecuentes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Guía para ver a eclipse solar dende Galicia

O fenómeno poderase observar a partir das 21:02 horas, sete minutos antes do ocaso na zona da Coruña

Como xestionar a enerxía eléctrica en vehículos lunares non tripulados? Así o estuda a UVigo

O proxecto busca garantir as demandas eléctricas dos 'rovers' no polo sur lunar, un lugar de interese científico pola posibilidade de que exista auga conxelada