Sábado 20 Abril 2024

Astronomía para a toda a familia neste obradoiro da UVigo

Celebrarase este martes 10 de outubro, a partir das 17.00 horas, e está dirixido a un público familiar

Aprender a recoñecer as principais constelacións e a orientarse a través das estrelas son algúns dos coñecementos que se poderán adquirir no obradoiro de astronomía Astrofamilias: o planetario desde dentro, unha iniciativa posta en marcha pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) da Universidade de Vigo dentro do seu plan anual de actividades Ciencia de Ida e Volta. Este obradoiro celebrarase o vindeiro martes 10 de outubro, a partir das 17.00 horas, no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico (Avenida de Beiramar, 55) e será impartido por Adolfo García, capitán da Mariña Mercante e profesor de Navegación no mesmo instituto.

Este evento de divulgación científica, que tivo xa unha primeira edición en 2022, conta co financiamento da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) e enmárcase dentro dos actos da Semana Mundial do Espazo, que se celebra cada ano do 4 ao 10 de outubro co obxectivo de poñer en valor as contribucións da ciencia e a tecnoloxía espaciais á mellora da condición humana. 

Publicidade

Un obradoiro para todas as idades

O obradoiro, de carácter dinámico e participativo, ten como finalidade achegar o mundo da astronomía dun xeito ameno e sinxelo á cidadanía e, en especial, a un público familiar. Ao longo da xornada tanto nenos e nenas como adultos e adultas aprenderán a entender o tamaño do universo e a descubrir os segredos do sistema solar e tomarán conciencia de todos os problemas derivados da contaminación luminosa.

A participación será aberta ata completar as 40 prazas dispoñibles, pero será necesario inscribirse previamente e de xeito gratuíto a través desta ligazón antes do luns ás 17.00 horas


Podes ler a noticia completa do DUVI na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O festival CinVigo volve esta fin de semana á Porta do Sol con ciencia e diversión

A programación do CINBIO inclúe unha feira científica, obradoiros infantís, unha xincana, maxia e espectáculos

Un proxecto da UVigo sérvese da IA para mellorar a detección de cancro colorrectal

A rede AI4PolypNet está formada por oito grupos de investigación de Galicia, Estremadura, País Vasco e Cataluña

Un equipo de atlanTTic deseña antenas innovadoras para satélites xeoestacionarios

O proxecto da UVigo busca unha redución na masa e o volume da tecnoloxía, así como diminuír os custos

Un equipo da UVigo analiza en alta resolución o transporte de humidade no Atlántico norte

O grupo EphysLab investiga como se altera o ciclo hidrolóxico na rexión oceánica por procesos relacionados co cambio climático