Martes 16 Abril 2024

Aqu@bot, a ‘app’ con todas as respostas sobre o cambio climático

A Fundación Aquae acaba de presentar na súa páxina web o sistema Aqu@bot, unha aplicación baseada en intelixencia artificial e especializado en cambio climático. O obxectivo do mesmo é responder a todas as dúbidas que expoñan os usuarios sobre este problema planetario.

Segundo explican desde a Fundación, remitíndose a datos da OMS, o cambio climático provocará entre 2030 e 2050 unhas 250.000 mortes adicionais por ano por mor da desnutrición, a malaria, a diarrea e a tensión por calor.

Publicidade

A ‘app’ Aqu@bot emprega fontes oficiais e ofrece respostas actualizadas e eficientes aos usuarios

Aqu@bot está integrado na web da entidade, e facilita unha interacción fluída e sinxela coas persoas que expoñan as súas dúbidas sobre o cambio climático. Aparece na parte inferior dereita da páxina de inicio. Mediante a información compilada a partir das consultas dos usuarios, a ‘app’ enriquece e completa as súas respostas, ao tempo que se alimenta das fontes oficiais sobre o fenómeno, polo que ofrece respostas cun contido actualizado e eficiente. Enlaza tanto a contidos propios da Fundación Aquae como a contidos externos.

O desenvolvemento de Aqu@bot enmárcase no compromiso de Aquae para cumprir os dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS); concretamente o número 13 (adoptar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos).

Explica Mariola Urrea, presidenta do Consello de Estratexia e Supervisión de Aquae, que “non podemos esquecer que o cambio climático está a alterar o ciclo da auga -incluídas as precipitacións-, a humidade do chan, a evaporación e a temperatura da mesma. A media que cambia o clima, tamén cambian os recursos hídricos sobre os que se basean as nosas sociedades e economías. E, por tanto, a nosa relación coa auga tamén se verá afectada”.

Segundo sinalan desde a entidade, a ferramenta está programada para responder a todo tipo de preguntas. Poñen de exemplo: “Como afecta o cambio climático á nosa saúde?”, “son certas as teorías de Al Gore?” ou “como inflúe o cambio climático na auga?”, e outras máis específicas como “cal é a función do Grupo Intergobernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC)?” ou “cantos graos subirá a temperatura en España?”.

‘Comunidade Polo Clima’

Por outra banda, a Fundación Aquae sumouse tamén á ‘Comunidade Polo Clima’, un grupo de acción creado a finais de 2016 para conseguir que España alcance o compromiso de redución de emisións que recolle o Acordo de París de 2015. Tras a XXI Conferencia das Partes da Convención Marco das Nacións Unidas sobre Cambio Climático (COP21), o Acordo de París marcou unha meta clara: manter o incremento da temperatura global por baixo dos 2 °C respecto da era preindustrial e proseguir os esforzos para limitalo a 1,5 °C. Un reto co que se comprometeron máis de 55 países (estas nacións suman máis do 55 % das emisións globais de gases de efecto invernadoiro).

A iniciativa #PorElClima pon en marcha accións e plans climáticos para facer fronte ao quecemento global coa vista posta en 2020, cando entran en vigor os compromisos de redución por país recollidos no Cumio de París. Esta iniciativa público-privada fai fincapé en dous das grandes claves na loita contra o cambio climático: a necesidade dunha actuación global e que esta sexa inmediata.

A contribución de Fundación Aquae ao ODS 13 concrétase en diversas iniciativas, sendo a máis destacada o proxecto Sementando O2. Ao abeiro desta iniciativa, Aquae leva a cabo proxectos de reforestación, plantacións para compensar as emisións de CO2 xeradas pola actividade da fundación e o Rexistro da Pegada de Carbono no Ministerio de Medio Ambiente. Precisamente en 2017 Fundación Aquae foi a primeira fundación en España en recibir o Selo de Rexistro de Pegada de Carbono, Compensación e Proxectos de Absorción de CO2.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A lamprea, en caída libre en Galicia: de 23.000 quilos capturados a 3.000 en dez anos

O catedrático da USC Fernando Cobo apunta que a presión pesqueira e a captación de auga ilegal fomentan a diminución de especies

A praia de Barra agocha unha aldea soterrada: un cambio climático invadiu todo de area hai 500 anos

Unha investigación publicada por Andrés Pino analiza o impacto social e económico da Pequena Idade do Xeo no asentamento de Cangas

Galicia rexistra o cuarto inverno máis cálido en 60 anos

As precipitacións foron un 18% superiores ao habitual para este período, sendo especialmente abondosas en febreiro

Os ’pellets’ xa invaden zonas mariñas protexidas de Galicia

Unha simulación realizada pola organización internacional Oceana predí que os plásticos están presentes en todo o litoral da comunidade