O galego Álvaro Valiño ilustra de novo a portada de ‘Science’

Portada do 18 de maio de 'Science' realizada por Álvaro Valiño.
Portada do 18 de maio de ‘Science’ realizada por Álvaro Valiño.

Un galego está de novo en Science. E nada máis e nada menos que na portada dunha das revistas científicas máis prestixiosas do mundo. Porén, non é científico. Falamos de Álvaro Valiño, un ilustrador e deseñador coruñés actualmente afincado en Washington D.C., que é o autor do deseño de portada do número deste 18 de maio da publicación. Hai só uns meses, outra ilustración deste galego foi a que encabezou a portada de Science na que se abordaban os principais avances científicos de 2017.

Na portada realizada por Valiño preséntase unha das informacións máis destacadas da revista, na que se aborda o aumento da resistencia que as bacterias, as plantas e outros organismos están a amosar ante praguicidas, antibióticos e demais substancias.

Publicidade

Álvaro Valiño, nacido na Coruña, ten un máster en Deseño Gráfico pola London College of Communication. Dirixiu o departamento de infografía do desaparecido diario Público, e actualmente traballa como freelance para medios e clientes de todo o mundo, entre os que están publicacións como National Geographic MagazineThe Washington PostThe GuardianCorriere della Sera ou Mongolia. Recibiu máis de 30 premios Malofiej, considerados os Pulitzer da infografía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.