Xoves 18 Abril 2024

A Pedra de Abalar: o segredo das rochas máxicas

En Muxía está unha das pedras abaladoiras con máis sona do mundo, asociada a lendas e ritos ancestrais da antropoloxía atlántica

As pedras abaladoiras van da xeoloxía ata a maxia. Estas grandes rochas están apoiadas gravitacionalmente só en dous puntos, de xeito que é posible movelas cun mínimo esforzo. Pero esta circunstancia casual fixo que, ao longo da historia, xerasen unha enorme lenda sobre elas, asociadas a ancentrais ritos de iniciación e adiviñación.

Na Bretaña francesa son coñecidas como ‘pierres branlantes’, mentres que en Escocia e Gales falan das ‘logan stones’. Plinio O Vello xa escribiu no século I sobre unha rocha en Asia Menor que se podía abalar cun só dedo. E Tolomeo falaba dunha rocha xigonia que era inmensa pero se podía mover con facilidade…

Publicidade

En Galicia, abundan estas pedras abaladoiras, tamén relacionadas con rituais antropolóxicos propios do arco atlántico. E, de entre todas elas, a máis famosa é a Pedra de Abalar de Muxía, situada fronte ao santuario da Virxe da Barca, malia que, tras rachar un anaco hai anos, xa non abala.

A lenda di que esta pedra, e outras situadas neste recuncho onde o mar bate con forza, pertencía á barca do apóstolo Santiago. A Pedra de Abalar sería a barca, a Pedra dos Cadrís sería a vela e completaría o mito a Pedra do Timón. A realidade, máis científica, é que este tipo de rochas están labradas pola erosión do mar e do vento, de feito que durante moito tempo unha delas podía ser movida con pouco esforzo dados os seus puntos de apoio.

En Galicia foron moi numerosas. O historiador Santiago Boado Aguinaga ten mesmo sinalado que existía unha destas rochas nas illas Cíes. E rescatou un artigo publicado en agosto de 1922 en ‘La villa de Mugía’ y titulado ‘A Pedra da Barca‘, baseado en escritos do século XVII.

“En Galicia tense coñecemento duns 32 exemplares desta clase, sendo o máis importante de todos e a de máis fama o próximo á vila de Muxía. Entre os demais figuran o de Silva boa, próximo á vila de Cea, xunto ao mosteiro de Oseira, na serra de Martiñáa, o do alto do Campo, a 39 km de Mondoñedo, na estrada de Viveiro, a “Pena de embade”, que houbo próxima a Ferrol, o peñasco que serve de asento á ermida de Chamorro, que foi, ao parecer, “pedra de abalar”, a de Pereiro de Alfoz, a de Castromaior en Abadín, a das illas Cíes, a de Meixide en Viana do Bolo, a de Laramuyo en Villalba…”, enumera o artigo.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como de accesible é a rúa na que vives? Compróbao neste mapa

A aplicación 'City Access Map' permite comprobar que servizos están a menos de 15 minutos camiñando nas cidades e areas metropolitanas de Vigo e A Coruña

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península