Cartel das xornadas.

Cartel das xornadas.

Xornada sobre videoxogos na facultade de Comunicación da UDC

Haberá ponencias sobre deseño, narrativa interactiva e desenvolvemento a cargo de varios expertos no sector

A Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña acolle este xoves as “IV Xornadas sobre deseño e desenvolvemento de videoxogos”, As actividades comezarán ás 9:00 horas coa conferencia “Cousas que aprendín na industria sobre o deseño de niveis”, a cargo de Tatiana Delgado, de Vertical Robot; ás 10:30h intervirá Alfredo González Barros, de Underdog Studios falando da “Evolución da narrativa interactiva”.

Ás 12:30h. Tatiana Delgado, Alfredo González Barros, Fernando Prieto, de Gato Salvaje Studio e Luz Castro, de imaxin|software falarán do desenvolvemento de videoxogos nun debate moderado polo profesor Antonio Seoane. A xornada será clausurada polo reitor, Julio Abalde

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.