Sábado 20 Abril 2024

Así funciona WebTv, o aparello que provocou a detención do fundador de Blusens

A noticia da detención, o pasado xoves, do fundador de Blusens, o empresario compostelán José Ramón García, trouxo de novo á actualidade unha figura que hai algo máis dun decenio converteu á firma santiaguesa nunha referencia no sector da electrónica. Reproductores de mp3, DVD e outros aparellos impulsaron á empresa, que chegou a ter máis de 100 empregados e facturar decenas de millóns de euros. García chegou a recibir de mans do entón Príncipe Felipe o Premio Nacional ao Xoven Emprendedor no ano 2007. Pero a crise económica pechou a billa do crédito que fixo medrar á empresa, e acabou crebando, con algún problema xudicial polo medio. Con todo, o fundador de Blusens mantivo a súa presenza entre varias empresas, e intentou desenvolver novos proxectos no mundo da electrónica. Un deles, o WebTv, foi o que acabou provocando o seu arresto por supostos delitos contra a propiedade intelectual e organización criminal.

José Ramón García recibe en 2007 un premio de mans do entón Príncipe Felipe. Imaxe: casadomo.com.
José Ramón García recibe en 2007 un premio de mans do entón Príncipe Felipe. Imaxe: casadomo.com.

O aparello en cuestión, o WebTv, aparece aínda no catálogo de Amazon, onde chegou a ser dos dispositivos de streaming máis vendidos. Anúnciase como “un dispositivo do tamaño da palma da man capaz de levar internet á túa televisión. É tamén avanzado reprodutor multimedia de Alta Definición, que pode conectarse por rede ao teu ordenador, discos duros en rede ou USB, routers, etc., e reproducir múltiples formatos de vídeo, música e fotos”.

Publicidade

E ademais, WebTv incluía “acceso a miles de canais de TV por internet gratis e a contenidos online libres e de pago a través do televisor”. Este último punto foi o que, segundo informou Europa Press, provocou a denuncia dunha entidade que xestiona a propiedade intelectual. Ao parecer, WebTV permitía a posibilidade de descargar aplicacións coas que poder conectarse a ligazóns ‘piratas’ de webs con películas, series e deportes, entre outros contidos. E para isto, usaba os servidores aportados pola empresa vinculada a Blusens.

Pouco tempo antes de coñecerse o arresto de José Ramón García (que posteriormente quedou en liberdade provisional), os usuarios do WebTv comezaron a protestar nas redes sociais e nos foros de Amazon e outras plataformas pola interrupción da sinal. O pasado venres 2, a mediodía, a páxina de Facebook de WebTv anunciaba que “debía manter os servidores inactivos” debido a unha medida cautelar tomada polo xuíz, “ata que non se aclare a situación por posible relación con algunha vulneración de Dereitos de Propiedade Intelectual“.

“Cartos ao lixo” e o WebTv como “calcapapeis”

As protestas non tardaron en chegar. Tanto en resposta ao comunicado dos responsables do dispositivo como noutras páxinas, os usuarios manifestaron o seu descontento coa situación. “129 euros ao lixo“, “Menuda broma!”, “Estannos enganando!” ou “Agora teño un calcapapeis de 130 euros” foron algunhas das críticas que se poden ler na rede. Os afectados esixen a WebTv, ou ben a Amazon, a devolución do importe do dispositivo.

Do mesmo xeito, e como tamén informou Europa Press, o titular do Xulgado número 3 de Santiago, Andrés Lago Louro, tamén deu orde de paralizar a comercialización e retirar da venda os dispositivos WebTv. A través da rede, Amazon mantén o produto no catálogo, aínda que se anuncia que non está dispoñible.

2 COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Así se ve a constelación de satélites de Elon Musk

Máis de 4000 obxectos orbitan arredor da Terra para vender unha tarifa de datos que proporciona acceso universal á rede

Os usuarios de Alexa en Galicia suman máis de 200 millóns de interaccións no último ano

A Coruña ocupa o primeiro posto na clasificación galega, con 100 millóns de solicitudes, seguida de preto por Pontevedra, Lugo e Ourense

Caída masiva de internet nas principais compañías móbiles en España

Numerosos usuarios quéixanse de dificultades para acceder á rede e incluso chamar, pero non transcendeu que impacto tivo en Galicia

Un enxeñeiro galego crea un mecanismo para acelerar as conexións a internet no móbil

Esta proposta da tese de Pablo Fondo, do atlanTTic, é compatible coas redes 4G existentes, o que facilita a súa integración