Páxina de inicio de Velaqui.gal.

Páxina de inicio de Velaqui.gal.

Lanzan ‘Velaquí’, o WeTransfer galego

Punto Gal e Dinahosting conmemoran o Día das Letras coa posta en marcha dun servizo de intercambio de arquivos na rede

A asociación Punto Gal e a empresa Dinahosting acaban de lanzar a web Velaquí, un servizo de intercambiador de arquivos desenvolvido e localizado en Galicia. Cun funcionamento semellante ao popular portal WeTransfer, o servizo permite compartir arquivos de ata un total de 2GB a través da rede. A iniciativa enmárcase dentro da celebración do Día das Letras.

Na web Velaqui.gal, os usuarios só terán que introducir o seu enderezo de correo electrónico e subir os arquivos que desexen. Unha vez procesado o arquivo, xérase un enlace que o usuario poderá compartir con quen queira. Velaquí ofrece tamén as opcións de compartir os arquivos de xeito público ou privado, así como a posibilidade de cifralo, establecer unha data de caducidade para o enlace ou un límite de descargas.

Para celebrar o Mes das Letras, Punto Gal tamén ofrece un desconto para os novos dominios a un prezo de menos de 17 euros máis IVE.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.