Pantalla principal da nova aplicación contra a velutina.

Pantalla principal da nova aplicación contra a velutina.

Unha aplicación prevé en que concellos se estenderá a avespa velutina

O programa de cartografía preditiva foi creado por investigadores da Universidade de Santiago co apoio da Deputación da Coruña

A Universidade de Santiago, coa colaboración da Deputación da Coruña, lanza unha aplicación que permite prever en que concellos se estenderá a praga da avespa velutina, empregando datos estatísticos e un sistema de cartografía preditiva.

A aplicación foi desenvolvida polo investigador Luis Rodríguez Lado, que empregou as bases de datos de retirada de niños da vespa asiática para que o sistema informático poida facer unha predición do avance deste insecto.

O sistema foi desenvolvido ao abeiro do programa Detección precoz da distribución potencial da avespa asiática en Galicia mediante algoritmos estatísticos automatizados sobre plataformas dixitais”. A aplicación ten en conta tamén os datos meteorolóxicos históricos de cada zona para facer as súas predicións, ademais da ubicación dos 20.000 avispeiros que a Xunta de Galicia ten rexistrados dende o ano 2014.

A nova aplicación utiliza 50 variables ambientais, ademais de definir as características de hábitat preferidas pola especie e así establecer áreas de potencial colonizador permitindo acometer estratexias anticipadas de intervención.

A avespa velutina está a provocar grandes perdas aos produtores de mel. Factores climáticos e a propagación da praga da vespa velutina explican a caída dun 40% da produción de mel nos bosques galegos este ano, aínda que en zonas da provincia de Ourense a caída elévase ata o 80%, segundo datos facilitados en setembro pola Asociación Galega de Apicultura (AGA).

 

Aquí podes acceder á nova aplicación sobre a avespa velutina

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.