Os galardoados, en Expourense.

Os galardoados, en Expourense.

Un videoxogo para zurdos gaña o XV Concurso de Proxectos Tecnolóxicos

Rock Bird, do enxeñeiro Iván Trigos, permite adaptar a pantalla para xogadores que usan mellor a man esquerda

Un videoxogo para zurdos e un sistema de detección de trastornos neurometabólicos acadaron este xoves os primeiros premios na 15ª edición do Concurso de Proxectos Tecnolóxicos que organiza Expourense e a Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense. O certame, que premia os mellores traballos fin de grao e de mestrado do alumnado das universidades galegas e do Norte de Portugal que cursen titulacións da área de tecnoloxías da información e as comunicacións, outorgou todos os seus galardóns a estudantes da Universidade de Vigo.

O primeiro premio da Modalidade A recaeu no traballo Rock Bird, de Iván Trigos, alumno do Máster en Enxeñaría Informática, da Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense. O seu traballo consistiu na preparación e elaboración dun videoxogo adaptado ao sistema operativo. Trátase dun xogo que promete a máxima diversión sen un grande esforzo mental a través das aventuras dun intrépido paxaro. Unha das principais novidades que ofrece é a posibilidade de adaptar a pantalla para xogadores zurdos. Esta aplicación estará dispoñible proximamente para descarga gratuíta na Play Store de Android.

Nuria Canle gañou na súa modalidade por un sistema de análise xenética 

Na Modalidade B o primeiro premio foi para o traballo Sistema para a detección de grandes insercións e eliminacións xenética e axuda ao diagnóstico de trastornos neurometabólicos, de Nuria Canle, do grao en Enxeñaría Informática do campus de Ourense. Trátase dunha ferramenta deseñada para servir de axuda nas análises xenómicas, para axilizar o traballo dos xenetistas e para axudar a diagnosticar máis rapidamente trastornos como o autismo ou o cancro. O segundo premio foi para Nicolás Vila, do Grupo MILE, polo proxecto GVarvi, un software de adquisición de sinais de frecuencia cardíaca en resposta a estímulos audiovisual, e o accésit para Santiago Iglesias, do Grupo LIA2, polo proxecto Software para o recoñecemento de características de nanotubos.

Ademais, e como unha das novidades desta edición, a Deputación de Ourense entregou o premio Provincia Intelixente, que recaeu en Nicolás Ladero polo traballo Deseño, implantación e validación dun sistema de recoñecemento de fontes sonoras sobre un SBC. Por último, o premio para o proxecto con máis seguidores en Facebook foi para Nicolás Vila. Nesta 15ª edición repartíronse un total 1400 euros en premios.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.