LifeSeeker pode revolucionar as operacións de rescate na neve.

LifeSeeker pode revolucionar as operacións de rescate na neve.

Revolución galega para as operacións de rescate

Gradiant desenvolve 'LifeSeeker', que permite rastrexar, localizar e comunicarse con móbiles a gran distancia e sen cobertura

O director da Gain, Manuel Varela; o director de Gradiant, Vázquez Cortizo; e o CEO de Centum, Héctor Estévez.

O director da Gain, Manuel Varela; o director de Gradiant, Vázquez Cortizo; e o CEO de Centum, Héctor Estévez.

Pode revolucionar o futuro das operacións de rescate. Porque LifeSeeker é un sistema electrónico que converte os teléfonos baixo a súa área de actuación en radiobalizas, permitindo así detectalos, identificalos, localizalos e mesmo se comunicar con eles. O sistema LifeSeeker é o resultado dunha estreita colaboración entre Gradiant, Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, e a empresa Centum R&T. Un caso de éxito de sinerxías entre un Centro Tecnolóxico e unha empresa innovadora, que culminou co lanzamento ao mercado dun produto pioneiro no mundo.

Segundo afirma Gradiant, “LifeSeeker vai revolucionar os servizos de emerxencias, ao permitir a localización de persoas través do seu teléfono móbil mesmo en zonas onde non exista cobertura, como por exemplo unha persoa perdida nunha montaña”. LifeSeeker está deseñado para ser utilizado a bordo de calquera tipo de aeronave, tanto helicópteros, coma drons ou avións.

O radio de acción do sistema supera os seis quilómetros. Ao operar de xeito independente das redes de telecomunicacións, ademais de localizar o terminal da persoa perdida, LifeSeeker permite comunicarse coa persoa perdida, anticipando así o seu estado para poder preparar o rescate.

O sistema permite localizar un teléfono móbil a 6 quilómetros sen cobertura

David Vázquez Cortizo, director xeral de Gradiant, destacou onte na presentación do equipo  que “LifeSeeker é un caso de éxito de manual en canto á colaboración entre un Centro Tecnolóxico como Gradiant e a industria de Galicia, en concreto cunha empresa galega innovadora como Centum R&T. Gradiant apostou polo éxito de LifeSeeker e Centum R&T soubo ver o potencial da colaboración connosco para conseguir chegar ao mercado cun produto innovador”.

Pola súa banda, Héctor Estévez, CEO de Centum R&T, afirmou que “LifeSeeker naceu para cambiar o paradigma das operacións de busca e rescate, xa que permite pasar dunha busca visual a localización das persoas a través do seu teléfono móbil, aumentando considerablemente o radio de acción. Esta nova forma de operar reduce significativamente o tempo necesario para a localización da persoa desaparecida e, en consecuencia, maximiza a probabilidade de éxito da operación de rescate”.

Manuel Varela, director da Axencia Galega de Innovación, quixo destacar o “apoio da Xunta ao traballo conxunto entre Centros Tecnolóxicos e Industria”. Ademais, anunciou a recente aprobación por parte de Xesgalicia (a Sociedade Xestora de Entidades de Capital Risco, dependente da Xunta de Galicia), do investimento a través do fondo I2C de 250.000 € en Centum R&T a través dun préstamo participativo convertible.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.