Xoves 28 Marzo 2024

Un ‘calculón’ para os investigadores de Ourense

Hoxe en día o procesamento de datos é indispensable en case todos os campos de investigación ou de traballo. En moitos casos, un equipamento informático “estándar” é dabondo para facelo. Porén, algunhas áreas de coñecemento emerxentes, como a bioinformática ou a computación gráfica, requiren equipos especializados, custosos e difíciles de conseguir para unha empresa ou para un ou varios grupos de investigación, recorrendo habitualmente nestes casos ao uso puntual de grandes centros de supercomputación. Co obxectivo de crear un centro de cálculo de prestacións intermedias, situado entre estes supercomputadores e aqueles equipos que poidan ter empresas ou grupos, o CITI, o Centro de Investigación, Transferencia e Innovación da Universidade de Vigo, vén de dotarse dun servidor de cálculo científico de altas prestacións.

Rubén Comesaña, Antón Vila e Rubén Romero.
Rubén Comesaña, Antón Vila e Rubén Romero.

O servidor, xa instalado nun espazo habilitado especificamente para el na planta piloto do CITI, foi financiado con 278.239 euros na convocatoria de axudas do ano 2013 para infraestruturas e equipamento cientifico-técnico do Subprograma estatal de infraestruturas científicas e técnicas e equipamento, cofinanciado polo Ministerio de Economía e Competitividade e con fondos FEDER a un 80%. “O obxectivo do proxecto é pór a disposición de grupos e empresas equipos de gran potencia de cálculo, tanto de CPU como GPU, capaces de xestionar grandes volumes de datos”, destaca Xosé Antón Vila Sobrino, director do Centro de Investigación, Transferencia e Innovación ubicado no Parque Tecnolóxico de Galicia en Ourense.

Publicidade

Segundo explica Vila Sobrino “os grupos que traballan en ámbitos como por exemplo a bioinformática, a meteoroloxía, a física de partículas ou a computación gráfica, necesitan manexar nas súas investigacións grandes volumes de datos ou realizar miles de millóns de operacións en cada experimento. Nestes casos é necesario acudir a equipos potentes e especializados, con grandes cantidades de memoria, alta capacidade de almacenamento ou de traballo en paralelo”. Estas necesidades motivaron a creación nas últimas décadas de centros de cálculo ou procesado de datos, como o CESGA en Galicia, que permitiron mellorar e acelerar o traballo de grupos de investigación especializados.

Además da capacidade de cálculo, o equipo permite o almacenamento masivo de datos de investigación

Neste contexto, o interese dos grupos de investigación por dispor agora dun centro de cálculo de prestacións intermedias como o instalado no CITI estivo motivado polo grande e crecente volume de usuarios que necesitan acceder a estes servizos de supercomputación. A falta nestes supercomputadores de espazo de almacenamento permanente e a complexidade dos traballos de investigación actuais, que poden requirir dun conxunto de recursos de cálculo e tempo de experimentación considerables, provoca, comenta o director do centro, sobrecarga nas colas de traballo destes centros e limitacións na súa execución.

Para atender esta demanda, o novo centro do CITI está dotado concretamente cun servidor de cálculo SIE Landon GPUs Rack; un servidor de arquivos SIE Ladon Haswell 72c, para o manexo de grandes arquivos en rack, e un servidor de virtualización e almacenamento en rack SIE Ladon IB E5-4600 40c. Con este equipamento búscase aunar potencia de cálculo, tanto de CPU como GPU; posibilidade de almacenamento de grandes cantidades de datos nos servidores de forma permanente; centralización asociada ao mantemento de equipos e mellora na xestión de usuarios, tanto en acceso lóxico como físico aos equipos. A maiores, o servidor inclúe unha unidade de virtualización, que permitirá aprovisionar máquinas lóxicas en función das necesidades de cada usuario, cunha xestión e acceso sinxelos e coa posibilidade de reestruturación en caso de necesidade.

Os primeiros en beneficiarse desta nova infraestrutura serán os equipos de investigación do campus de Ourense que apoiaron a proposta do proxecto, que son Ephyslab (Environmental Physics Laboratory); Grupo AA1 (Investigacións Agroalimentarias); Grupo SING (Sistemas Informáticos de Nova Xeración); Grupo LIA2 (Laboratorio de Informática Aplicada), Grupo de Termofísica e Grupo Mile (Biomedical Informátics and Signal Processing). Ademais, poderán beneficiarse das súas prestacións grupos da Universidade de Vigo, empresas da Tecnópole, onde se ubica o CITI, e outras empresas e entidades interesadas. Unha vez xa instalado o equipamento, os técnicos do centro, con Rubén Romero, enxeñeiro informático do Grupo SING, á cabeza, ultiman a súa posta a punto e os seus protocolos de uso para que o servidor comece a ser empregado polos investigadores e investigadoras o máis axiña posible.

1 comentario

  1. Qué pérdida de dinero. Como si el CESGA no fuese suficiente para la comunidad científica.. Sobre todo con el superordenador nuevo recientemente instalado..
    Antes de hacer estas inversiones, hay que justificarlas muy bien, y si luego no es operativa, publicar a bombo y platillo quien hizo el estudio.
    Va siendo hora de quede frene el despilfarro del dinero de todos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A falsa endemia de malaria e outros intentos para desecar a lagoa de Antela

A partir do século XVIII a zona húmida foi considerada inimiga da agricultura. Os veciños intentaron evitar o desaugamento das terras que utilizaban para o pastoreo

Galicia superará os 40 graos durante a cuarta onda de calor da península

O sur de Pontevedra a Ourense serán as zonas máis afectadas durante un episodio de calor intenso que durará ata o xoves

Alerta por 19 positivos por tuberculose en Ourense: estes son os seus síntomas

Un infectado contaxiou a case unha vintena de alumnos do IES Julio Prieto Nespereira que, de momento, non desenvolveron a enfermidade

A Coruña é a provincia con máis xeodestinos de Galicia

A actualización do mapa desta áreas turísticas destacadas suma 12 novos destinos e xa está integrado por un total de 26