Antonio (dereita), xunto a Dong Pan e Esteban Solís-Reyes, os outros finalistas. Foto: IBM.

Antonio (dereita), xunto a Dong Pan e Esteban Solís-Reyes, os outros finalistas. Foto: IBM.

Un alumno da UDC gaña un concurso mundial de informática

Antonio Álvarez, estudante do mestrado de Enxeñaría Informática, destacou sobre 18.000 estudantes de 47 países nun certame organizado por IBM

Antonio Álvarez Rodríguez, alumno do mestrado en Enxeñaría Informática da Universidade da Coruña, vén de impoñerse no concurso “Master the Mainframe“, un certame mundial organizado pola compañía IBM, no que participaron 18.000 estudantes de 47 países.

O galego recibiu o seu galardón durante as xornadas IBM Edge, celebradas en Las Vegas. O certame, que cumpriu este ano a súa undécima edición, está enfocado nos “mainframe” (tamén coñecidos como computadoras centrais), equipos informáticos de altas prestacións que se empregan no tratamento de datos e cálculos complexos e voluminosos. Requiren dun sistema robusto e capaz de funcionar de xeito continuo durante moito tempo, co obxectivo de garantir as prestacións nos procesos críticos das organizacións. Por este motivo, e segundo informa a UDC, estes equipos teñen características moi específicas e diferentes ao resto de ordenadores.

Para conseguir o triunfo, Antonio e os seus contrincantes tiveron que enfrontarse en Las Vegas a tres desafíos cun alto grao de complexidade. Antes disto, superaron varias fases para acadar a final mundial. Tras Antonio, ocuparon o podio Esteban Solís-Reyes, da universidade de Western Ontario (Canadá), e Dong Pan, da universidade de Electrónica da Ciencia e da Tecnoloxía de China.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.